miércoles, 16 de marzo de 2011

Rapeando con Owei e Donllo



 Rapeando con Owei e Donllo.



Logo de ler Makinaria, "os argalleiros e argalleiras", eliximos o poema que máis nos gustou do libro - xa sabedes, "Game Over"- para recitalo ao noso xeito. Como non saiu como esperabamos decidimos pedir axuda. No camiño cruzáronse Owei e Donllo , dous rapeiros que se achegaron ata o instituto a rapear, facer beatboxing e outras cousas máis.
Comezaron o taller cunhas breves explicacións sobre fonética, pausas, ritmo, entoación...
Se queredes ver os videos, pinchade sobre as imaxes.

Rapearon "Game over" e, nós, intentámolo. No seguinte vídeo veredes que custa moito porque é bastante difícil. Agora que lle collemos gusto, pronto veredes a nosa versión definitiva.


Como os compoñentes do club de lectura somos solidarios, botámoslles unha man aos de 1ºBAC, que andan traballando no blog de Lois Pereiro -autor a quen se lle dedica o día das letras galegas este ano- , e pedímoslles a Owei e Donllo que nos axudasen a rapear uns poemas que nos achegaran os nosos compañeiros para logo ensinarlles nós a "rapealos".


Como vedes ,"os/as argalleiros e argalleiras", non paramos. Neste taller custounos un pouquiño "entrar" porque estabamos algo "cortados", pero acabamos meténdonos, non como as "profes" que non se atreveron.
Coas bases musicais e cos apuntamentos que nos deixaron os nosos rapeiros esperamos volver pronto para amosarvos os nosos adiantos na "arte de rapear".
Os argalleiros e argalleiras.

No hay comentarios: