martes, 3 de mayo de 2011

Día do libro 2011 en Ourense

Este ano o destino levounos ata a cidade de Ourense ( vale, sabemos que tiñamos que ir a Madrid e gozar desas "tapas literarias", pero non puido ser. Outro ano será.) para realizar a actividade do día do libro.
O xoves saímos das Pontes, despois das clases, dirección Miño para recoller os nosos compañeiros de viaxe do CPI Castro Baxoi e comezar esta nova aventura. 





Chegamos a Ourense e o primeiro que fixemos foi mergullarnos nas pozas termais de Outariz (vale, sei que ía moita calor...). Como todo o bo acaba pronto tivemos que marchar a "fume de carozo" porque nos estaba esperando Rosa, a nosa guía, para descubrirnos todos os encantos desa cidade ( As Burgas, a Catedral, a Praza do Ferro, a Praza Maior, a rúa dos viños....) e recordarnos a importancia cultural que tivo e ten esta cidade.






Moitas máis fotos poderiamos compartir, pero están reservadas para a pps FINAL.
Rematada a visita pola cidade, diríximos ao pavillón -onde pasariamos a noite- para deixar as cousas e cear no comedor da Universidade Laboral. NOITE DE TOLEMIA (sen durmir as "pobres" profes)

TOQUE DE DIANA" ás sete da mañá para comezar coa ACTIVIDADE. Almorzamos e dirixímonos ata o concello onde tiñamos a RECEPCIÓN CO ALCALDE e coa CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


Dende o noso blog queremos agradecerlles todo o ben que nos trataron. Grazas a eles tivemos pavillón para durmir, cea, almorzo e comida a un prezo adsequible para nós, puidemos gozar das pozas termais en dúas ocasións, viaxar no tren "chuchú" e contar con autobuses que nos levaban a onde necesitabamos e nos daban a coñecer as dúas beiras do Miño. Grazas polos agasallos, pola atención e por poñer os Hortos educativos á nosa disposición. GRAZAS POR TODO e por amosar que o gusto e o pracer que fomenta a lectura é compartido por vós.



Finalizada a recepción comezamos coa lectura de O Principiño,O Principezinho, Le Petit Prince, El Principito de Antoine de Saint-Exupéry. Os "argalleiros das letras I,II" e os membros de "Salicornia" leron o tempo establecido para cada un e elixiron a palabra da súa lectura para a posterior composición do poema colectivo.

Aquí estamos lendo, elixindo a palabra para a composición do poema e... Este ano intentamos "sorprendelos" elixindo un lugar "diferente" para "o traballo poético" (sempre o faciamos no autobús de volta a casa e non vexades o lío que se armaba cada vez que aportaban o seu verso) e decidimos achegarnos aos Hortos educativos que acababan de inaugurar na cidade. Ía tanta calor que sentamos á sombra da primeira árbore que atopamos... Ao chegar os encargados dos Hortos e vernos alí "traballando" dixeron: " as cadeiras que vos temos preparadas non creo que as usedes porque, ¿sabedes baixo que árbore estades? Chámase á árbore do paraíso." Démoslle as grazas e continuamos co labor... pero é un labor duro e difícil que houbo que continualo



no autobús.
Nesta ocasión o azar quixo que os últimos versos do poema saísen das mentes dos alumnos e alumnas de 1ºESO (fixádevos na cara que tiñan Álvaro e Adrián mentres relían o poema e pensaban nos seus versos....) ¿Sabedes o que dixeron cando os leron e todos aplaudimos??? " Pero bueno, pensábais que no lo podríamos hacer" . Son uns auténticos craks. JEJEJEJEJ.

Achegamos as palabras elixidas e o poema final:
Alba L.: Floresta Virgem ( Selva Virxe), Pablo: Estrelas, Sabela: Désert ( deserto), Alejandro: Mystère Misterio, Silvia: Pequena, Dani: Rosas, Álex: Príncipe, Alba Pr.: Baobab, Silvia: Tierra, Andrea: Suavidad, Marcos: Crepúsculo, Lucía: Inxenuas, Uxía: Noite, Iago: Cores, Ángela: Erupción, Irene: Dozura, Carla: Vermello, Alba V.: Sol, Candela: Mar, Paula: Sabio, Tino: Vanidoso, Elena: Admirar, Aldara: Olvidar, Helena: Doradas, Nerea: Illa, Claudia: Divertido, Cris: Extraordinarias, Andrea: Noites, Tamara: Alancadas, Juan: Océanos, Raquel: Libros, Adrián: Xeógrafo, Diego: Borracho, Óscar: Grandioso, Tamara B.: Lúa, Patricia: Débil, Cristian: Rochas, Alba: Camiño, Andrea P.: Raposo, Yurena: Planeta, Árancha: Tiempo, Paula: Lonxe, Álvaro: Comprenderás, Adrián: Secreto, Lucia: Présa, Carmen: Viaxeiros,Natalia: Fuente.


POEMA

Nun libro sobre a Selva Virxe
fálase de miles de estrelas
dun esquecido deserto
onde habita un antigo misterio.


Ali, unha pequena e máxica fada,

ferida por espiñas de rosas,
agarda a chegada dun príncipe
sentada á sombra dun baobab.

La tierra en que vivía
representaba la suavidad eterna
e durante o crepúsculo,
as inxenuas estrelas
desaparecían co fin da noite.
Con multitude de cores
unha erupción se mostraba,
con moita dozura ao amencer,
e a cor vermella asomaba.
A insoportable queimazón do Sol
arelaba o extenso mar,
un mar sabio, profundo e perigoso
que sólo un vanidoso héroe podría surcar.
Só a el debemos admirar.

Pero.... es preciso no olvidar el misterio del desierto
de dunas de arenas doradas,
nin a esquecida illa rodeada de arrecifes de coral.
Fantasías divertidas,
e aventuras extraordinarias,
noites claras
que o príncipe devecía por percorrer a alancadas
que o mergullasen en brillantes océanos venturosos.

Todos estes misterios non se poden ler nos libros,
nin desvelar naqueles mapas debuxados por xeógrafos,
borrachos de paisaxes,
que sucumben a grandiosos e infinitos ceos de zafiro
escurecidos pola lúa de prata.

A xa débil fada, cansa de esperar,
camiña por rochas perigosas,
labrando un camiño firme e seguro,
sendo astuta como un raposo.
Na súa longa viaxe atopou un planeta
en el que el tiempo no pasaba
lonxe da sombra do baobab.

E alí, nese planeta... comprenderás
que hay un secreto y un misterio siempre presentes...
ata que... camiñando de présa,
agochado entre os viaxeiros,
llegue el príncipe a la fuente del árbol de paraíso.



Grazas por todo, argalleiros e argalleiras das letras I,II. Sabedes que sen vós nada podería ser posible. Pero non esquezades que aínda non rematou. CANDO TEÑADES A IMAXE E A PLASMEDES NO LENZO QUE VOS ESTÁ ESPERANDO. CANDO GOCEMOS RECORDÁNDOO VENDO A PPS E ESCOITANDO A MÚSICA QUE LLE POÑADES, ENTÓN... DIREMOS... ATA O ANO QUE VÉN.

No hay comentarios: