martes, 26 de enero de 2016

II Maratón de cine

Neste curso, os "Argalleiros e argalleiras das letras" pasamos a chamarnos, Obradoiros literarios. Non formabamos parte dos clubs de lectura do centro, pero nós seguiamos vivindo, gozando e compartindo o pracer de ler, escribir, comentar e argallar todo aquilo que nos pasase pola mente.



Non vexades o ben que o pasabamos nas reunións dos recreos cando nos xuntabamos todos arredor dun só libro (se había sorte tiñamos dous exemplares para poder seguir a lectura), que comprara Chelo cos cartos do departamento. Ela sempre dicía: hai que amañarse como poidamos. O importante é ler e punto. Así foi. Alí estabamos máis de cincuenta argalleir@s esperando as lecturas que nos levarían a viaxar e vivir aventuras, aventuras que logo realizariamos nós coas nosas actividades. 
Van as pelis que vimos no segundo maratón. 


No hay comentarios: