Mostrando entradas con la etiqueta Maratón de cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maratón de cine. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de diciembre de 2019

IX MARATÓN DE CINE

Noite de Cine 2019




Coma todos os anos,un xoves de novembro (concretamente o día 28), o alumnado do Club de Lectura “Argalleiros e argalleiras das Letras” do IES Plurilingüe Castro da Uz, reuniuse no salón de actos para gozar  da ansiada Noite de Cine. Tamén estiveron con nós os nosos compañeiros e compañeiras do IES Muralla Romana de Lugo, acompañados da nosa querida Chelo. Agasalláronnos con bolis para todo o alumnado e libros para nosa biblioteca.


                   
                                           




A idea era estar alí todos reunidos ás 18:30h, así que algúns dos membros do noso Club, como mostra da súa solidariedade, axudaron a colocar as colchonetas no salón de actos. Logo disto chegaron os rapaces e rapazas do Muralla. Grazas ao “responsables e ordenados” que somos (e ás ganas que tiñamos de ver e falar cos compis do Muralla), o inicio da proxección retrasouse un chisco.

A primeira película que vimos foi El héroe de Berlín”, ambientada no época da segunda guerra mundial, durante o dominio nazi. Con esta película decatámonos da represión que sufriron algúns grupos étnicos e relixiosos nesa época.



Ao rematar a primeira proxección, e famentos como estabamos, botámoslle o dente ás deliciosas pizzas que remataban de chegar quentiñas.

Cando rematamos, xa satisfeitos, comezamos ver a seguinte película: Ex-Machina (dixéronme polo pinganillo que foi a mellor de todas...). É unha película futurista que trata o tema do feminismo. Nela unha rapaza-robot marcha soa a vivir a súa vida.

Despois de comentar a película co micrófono e moitos intentos de calmarnos das profes (como aguantan as pobriñas...), comezamos a visualizar a seguinte película  Divergente. Esta tamén gustou moito ao público. Falaba dunha sociedade futurista na que as mozas e mozos debían atopar as ferramentas para salvar un mundo dividido en función das habilidades das persoas que formaban esa sociedade.

Tras unha breve pausa para ir ao escusado ( e para encher o bandullo de novo), continuamos coas proxeccións. A seguinte foi Custodia Compartida. Película un pouco dura, que amosaba os problemas dunha parella divorciada cun fillo e onde o pai tiña unha actitude machista e violenta.



A continuación, xa algo cansos e co Pedro Chosco asomando, comezamos a ver El Dador. Unha película onde todo é perfecto, monótono e onde a cor e os sentimentos non existían para todos.

Despois de toda a noite, tocou deixar o salón de actos impoluto e relucinte como antes de comezar, isto é, as colchonetas ao pavillón, as vasoiras para recoller os restos de chuminadas que degustamos, as sillas de novo á súa posición inicial,.... O alumnado do Muralla marchou para Lugo moi cediño (por suposto, agardamos contar con vós o vindeiro ano) e nós fomos tomar o merecido almorzo.
Logo disto tocou incorporarse ás clases con “normalidade” aínda que, como poderedes supoñer, un pouco adurmiñados.
  

Carmela e Calpita

miércoles, 20 de marzo de 2019

VIII MARATÓN DE CINE

O día 8 de novembro de 2018 @s argalleir@s das letras, acompañad@s das nosas profesoras Ana e Elena (e os seus fillos) e, como invitados, os alumnos do club de lectura “Lecturas e andanzas” do IES Muralla Romana de Lugo e as súas profesoras Chelo e Amalia, realizamos unha actividade especial: o oitavo maratón de cine.
Pola tarde, os alumnos de 4º da ESO, algúns de 2º e outros de 1º, axudaron a levar as colchonetas do pavillón ao salón de actos. Como as colchonetas máis grandes eran pesadas e difíciles de pasar polas portas, os alumnos da ESA axudáronos un pouquiño. Aínda menos mal! Despois, recollimos todas as cadeiras do salón de actos e mentres tanto, apareceu Chelo. Vaia sorpresa nos levamos ao vela despois de tanto tempo. Ao cabo dun rato, chegou Cristina, antiga profesora de plástica no noso centro, e a súa filla Candela.


Coa chegada de Chelo, ela e as alumnas de cuarto ensinamoslles todos os traballos expostos nos corredores aos alumnos convidados. Cando xa estaba todo listo, a iso das seis e media, comezamos a chegar @s demais argalleir@s.  Logo de acomodarnos, comezamos a ver a primeira película, Campeones, cuns valores moi importantes dos cales temos todos que aprender, ademais de moi entretida! Antes de ver a segunda película cenamos unhas pizzas, para conseguir forzas e aguantar toda a noite espertos. A seguinte película foi Hachiko, unha película moi triste que provocou moitas bágoas e choros... que can tan sorprendente!
A continuación puxemos Perfectos desconocidos, unha película moi divertida e que sacou máis dunha risa, para compensar a Hachiko.
A seguinte foi Koe no katachi e, sorprendentemente, ninguén estaba durmido! Este ano os argalleiros aguantamos mais tempo ca outros anos, que nos quedabamos fritos no terceiro filme.
Cando por fin acabamos esta película, comezamos a ver a derradeira, Amour, aínda que moi poucos rematárona de ver e a ninguén lle gustou (do pouco que vimos). 


Tíñamos pensado ver Wall-e Batallón de Limpieza, pero non deu tempo. Ao remate da noite, algúns alumnos estaban moi animados e con forzas para afrontar o que quedaba, pero outros non tanto porque durmiran incomodamente, coma as alumnas de cuarto, que durmiron as tres unha encima da outra. Jessica declara que ela case nin durmiu, o que si, durmíuselle o brazo porque Sabela estaba enriba del, e Sara, durmiu no chán, entre as dúas colchonetas máis grandes.
Ao rematar, deixamos o salón de actos perfectamente recollido e fomos a tomar o noso merecido, un sorprendente almorzo.



Acabamos moi cansos e cansas pero pasámolo moi ben. Non queremos despedirnos sen agradecer a presenza das "Argalleiras das letras, Candela e Cristina", que estiveron con nós un ano máis. E por suposto, da nosa querida Chelo, que votábamos moito de menos e encantounos estar con ela unha vez máis. Grazas por seguir compartindo o que nos uniu e unirá sempre: o gusto por ler e compartir. 

Sabela, Sara, Jessica, Silvia e Xoel. 4º ESO

lunes, 16 de octubre de 2017

VII MARATÓN DE CINE

O día 5 de outubro de 2017 @s argalleir@s das letras, acompañad@s das nosas profesoras Chelo e Elena e de dúas argalleiras de 1º de BAC do IES Moncho Valcarce, antigas alumnas do noso centro, despois dunha mañá normal de clases chegamos de novo pola tarde ao instituto para realizar unha actividade especial: a sétima noite de cine.

martes, 25 de octubre de 2016

VI MARATÓN DE CINE

A semana pasada celebramos o VI maratón de cine, que reuniu a todos “@s argalleir@s das letras”  para pasar un rato divertido e ver películas que despois puxemos en común.
Pasámolo moi ben e aos novos integrantes encantoulles a experiencia. A película que máis gustou foi El Olivo, que emocionou a moita xente; tamén nos pareceu  interesante La Caza, onde puidemos ver como unha pequena mentira pode causar moitos problemas. O que foi unha pena foi que non puideramos ver En Tierra de Hombres debido a fallos técnicos que ten o directo.
Darlles as grazas ás profes Elena e Chelo por aturarnos durante toda a noite, traballo que non é fácil! E a Cristina e Candela por virnos visitar.

martes, 26 de enero de 2016

V Maratón de cine

Boas a todos e a todas. Os obradoiros literarios dos Argalleiros e argalleiras das letras volven co seu quinto maratón de cine. Quen pensaría que iamos seguir aquí despois de tantos anos! Pois xa vedes que aquí estamos e  aquí seguiremos.

IV Maratón de cine

Os Obradorios literarios d@s argalleir@s das letras estamos felices por realizar o noso cuarto maratón de cine. Xa sabedes que as pelis elixímolas pensando nos temas que comentamos das lecturas realizadas no obradoiro dedicado á narrativa, poesía, teatro e no dedicado só a cómic.

III Maratón de cine

Os Obradorios literarios  dos Argalleir@s das letras seguimos coa mesma enerxía coa que comezamos.

II Maratón de cine

Neste curso, os "Argalleiros e argalleiras das letras" pasamos a chamarnos, Obradoiros literarios. Non formabamos parte dos clubs de lectura do centro, pero nós seguiamos vivindo, gozando e compartindo o pracer de ler, escribir, comentar e argallar todo aquilo que nos pasase pola mente.

I Maratón de cine

No curso 2010/ 2011 @s argalleir@s das letras realizamos o I maratón de cine. Non pensedes que foi fácil, xa que a nosa actividade tivo que pasar por moitas mans ata a aprobación final, pero con argumentos todo se consegue.

Maratón de cine d@s argalleir@s

Boas a tod@s @s lector@s: 
ímosvos contar a historia do noso maratón de cine. Xa sabedes que temos dous clubs de lectura no centro. Un está destinado a narrativa, poesía.... e o outro só a cómic.

viernes, 18 de febrero de 2011

Noite de cine




Despois de ler os libros decidimos facer un maratón de cine, todos os rapaces do club de lectura para ver películas relacionadas cos temas que tratan.