martes, 25 de octubre de 2016

VI MARATÓN DE CINE

A semana pasada celebramos o VI maratón de cine, que reuniu a todos “@s argalleir@s das letras”  para pasar un rato divertido e ver películas que despois puxemos en común.
Pasámolo moi ben e aos novos integrantes encantoulles a experiencia. A película que máis gustou foi El Olivo, que emocionou a moita xente; tamén nos pareceu  interesante La Caza, onde puidemos ver como unha pequena mentira pode causar moitos problemas. O que foi unha pena foi que non puideramos ver En Tierra de Hombres debido a fallos técnicos que ten o directo.
Darlles as grazas ás profes Elena e Chelo por aturarnos durante toda a noite, traballo que non é fácil! E a Cristina e Candela por virnos visitar.



Xa estamos agardando o VII maratón de cine para volver pasalo tan ben como neste último.


Vi maratón de cine de radiorasca
Agora deixámosvos cun vídeo que montou Borja para testemuñar este día.

No hay comentarios: