martes, 8 de noviembre de 2016

CHEGA O SAMAÍN

Chegou o samaín e Paula (1ºESO) fixo a seguinte descrición desta celebración:
O samaín é unha festa moi divertida, xa que os máis novos adoitamos celebrala con xogos e disfraces. Tamén nos xuntamos para tomar castañas asadas e doces típicos desta época.
O elemento máis importante do samaín é a cabaza, a cal adoitamos decorar para celebrar esta festa. A cabaza que eu me imaxino é unha moi grande e terrorífica, cuns ollos e cun nariz en forma triaungular e unha gran boca cuns dentes enormes.



Non se equivocou porque tivemos castañas, cabazas e divertímonos tod@s xunt@s. 
Comezamos creando ambiente: 
Decorando a entrada do instituto
A biblioteca non ía ser menos.
Chegou o día e, grazas a ANPA, tivemos castañas e premios para o concurso de cabazas. Os premios foron os seguintes: 
1º PREMIO: ICÍA ( 3ºESO)
2º PREMIO: CARMELA ( 1ºESO)
3º PREMIO: BORJA ( 3ºESO)
Houbo dúas mencións para Antón ( 1ºESO) e para Álvaro ( 3ºESO)
Aquí vedes os gañadores e as súas cabazas. 


Pero a diversión chegou da man de 3ºESO. Compuxemos a letra dunha canción con música de " A cabritinha" e aí tedes o resultado. ( Que quede claro que nos ensaios saiunos moito mellor)


E así de contentiños e contentiñas quedamos.
O ano que vén haberá máis, grazas ao apoio dos profes e profas da biblioteca.

No hay comentarios: