lunes, 24 de octubre de 2016

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Este ano, os membros dos dous  clubs de lectura “Argalleiros e argalleiras das letras” comezamos lendo a adaptación do libro de Carlos Casares, A laranxa máis laranxa detodas as laranxas. Unha lectura moi divertida e simpática na que houbo moitas risas. Agora algúns alumnos e alumnas van facer unha representación do libro orixinal, xa que nos gustou moitísimo.


Deixámosvos cunhas fotos que amosan o satifeit@s que quedamos tod@s logo da lectura e da distribución de papeis. Manterémosvos informad@s dos ensaios. (Sentimos que non saian tod@s na foto, pero estamos cans@s de dicir como hai que situarse)



 Ao longo de curso o club de lectura dedicado á narrativa, poesía e teatro reunirase os martes no segundo recreo ( xa comezamos coa segunda lectura, Masculino singular de Carlos Negro) e o club dedicado a cómic ( comezamos con La casa de Paco Roca)  os venres no primeiro recreo, aínda que non dubidedes que serán moitas máis as sesións  que compartiremos ao longo da semana.

No hay comentarios: