O día 8
de novembro de 2018 @s argalleir@s das letras, acompañad@s das nosas profesoras
Ana e Elena (e os seus fillos) e, como invitados, os alumnos do club de lectura
“Lecturas e andanzas” do IES Muralla Romana de Lugo e as súas profesoras Chelo
e Amalia, realizamos unha actividade especial: o oitavo maratón de cine.
Pola
tarde, os alumnos de 4º da ESO, algúns de 2º e outros de 1º, axudaron a levar
as colchonetas do pavillón ao salón de actos. Como as colchonetas máis grandes
eran pesadas e difíciles de pasar polas portas, os alumnos da ESA axudáronos un
pouquiño. Aínda menos mal! Despois, recollimos todas as cadeiras do salón de
actos e mentres tanto, apareceu Chelo. Vaia sorpresa nos levamos ao vela
despois de tanto tempo. Ao cabo dun rato, chegou Cristina, antiga profesora de
plástica no noso centro, e a súa filla Candela.
Coa
chegada de Chelo, ela e as alumnas de cuarto ensinamoslles todos os traballos
expostos nos corredores aos alumnos convidados. Cando xa estaba todo listo, a
iso das seis e media, comezamos a chegar @s demais argalleir@s. Logo de acomodarnos, comezamos a ver a
primeira película, Campeones, cuns
valores moi importantes dos cales temos todos que aprender, ademais de moi
entretida! Antes de ver a segunda película cenamos unhas pizzas, para conseguir
forzas e aguantar toda a noite espertos. A seguinte película foi Hachiko, unha película moi triste que
provocou moitas bágoas e choros... que can tan sorprendente!
A
continuación puxemos Perfectos
desconocidos, unha película moi divertida e que sacou máis dunha risa, para
compensar a Hachiko.
A
seguinte foi Koe no katachi e,
sorprendentemente, ninguén estaba durmido! Este ano os argalleiros aguantamos
mais tempo ca outros anos, que nos quedabamos fritos no terceiro filme.
Cando por fin acabamos esta
película, comezamos a ver a derradeira, Amour,
aínda que moi poucos rematárona de ver e a ninguén lle gustou (do pouco que
vimos).
Tíñamos
pensado ver Wall-e Batallón de Limpieza,
pero non deu tempo. Ao remate da noite, algúns alumnos estaban moi animados e
con forzas para afrontar o que quedaba, pero outros non tanto porque durmiran
incomodamente, coma as alumnas de cuarto, que durmiron as tres unha encima da
outra. Jessica declara que ela case nin durmiu, o que si, durmíuselle o brazo
porque Sabela estaba enriba del, e Sara, durmiu no chán, entre as dúas
colchonetas máis grandes.
Ao rematar, deixamos o
salón de actos perfectamente recollido e fomos a tomar o noso merecido, un
sorprendente almorzo.
Acabamos
moi cansos e cansas pero pasámolo moi ben. Non queremos despedirnos sen
agradecer a presenza das "Argalleiras das letras, Candela e
Cristina", que estiveron con nós un ano máis. E por suposto, da nosa
querida Chelo, que votábamos moito de menos e encantounos estar con ela unha
vez máis. Grazas por seguir compartindo o que nos uniu e unirá sempre: o gusto
por ler e compartir.
Sabela, Sara, Jessica, Silvia e Xoel. 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario