lunes, 16 de octubre de 2017

VII MARATÓN DE CINE

O día 5 de outubro de 2017 @s argalleir@s das letras, acompañad@s das nosas profesoras Chelo e Elena e de dúas argalleiras de 1º de BAC do IES Moncho Valcarce, antigas alumnas do noso centro, despois dunha mañá normal de clases chegamos de novo pola tarde ao instituto para realizar unha actividade especial: a sétima noite de cine.


Sobre as cinco e media da tarde, Noa e Borja ( 4ºESO),  Andrea B. e Andrea M. ( 1ºBAC) axudaron a Chelo e a Elena a preparar todo. Subiron as cadeiras do salón de actos ao escenario co fin de deixar espazo para colocar as colchonetas, que tiveron que traer dende o pavillón. Prepararon o proxector, a pantalla, e o máis difícil: encargáronse de que todos e todas pasaramos pola mesa, nada máis chegar ao salón de actos, para saldar a débeda que tiñamos da cea. Fixérono moi ben porque cadraron todas as contas!!! 

Cando xa estaba todo listo, a iso das seis, comezamos a chegar @s demais argalleir@s. ( Xa imaxinades a charla que tivemos... Entendemos perfectamente que nós seriamos os encargados de recoller todo e deixar o lugar como se nada pasase. É lóxico compartir o traballo.)
A primeira película que vimos foi Un monstruo viene a verme, que provocou choros e bágoas por toda a sala. Un pouco despois,  comentamos a película

A continuación proxectouse, Cobardes. Tivemos unha pequena interrupción, pois as pizzas da cea chamábannos dende as caixas. Logo de saciar as nosas “necesidades” seguimos coa película, tamén comentada e suscitando comentarios confusos debido ao final que tivo.


A continuación, puxemos Camino, que tamén provocou bágoas, aínda que non tantas como a primeira, pero si moitos comentarios de rabia e impotencia.
A seguinte foi A ladroa de libros, coa que unha gran maioría dos espectadores quedou durmida. Durante este “estado de hibernación”  algún experto e con ganas de enredar, crearon as súas mellores obras de arte nas caras dos dormentes (grandes exemplos: Lucía Vila e Jimena, de 1º da ESO). 
Non todos e todas durmían...
Non tod@s se deixaron debuxar...

Algunhas permanceron atentas ata o final
E que dicir das novas fichaxes dos argalleiros das letras. Fixádevos como estaban espertos e felices!!!

Cando por fin rematamos de ver esta película, que se vía e escoitaba fatal, comezamos a ver El guardián invisible, que a ninguén nos gustou. Chegou a derradeira: 22 Anxos, que continuaba o tema que trata o libro Os nenos da varíola, que leremos este curso, pero que xa sabemos o tema. 

Ao acabar deixamos o salón de actos perfectamente recollido

e fomos tomar o noso merecido - “sorprendente e saboroso”- almorzo á cafetaría... Pero este é outro tema que trataremos máis adiante.


Por suposto, cando rematamos estabamos terriblemente cansos e cansas, pero pasámolo estupendamente.
Como xa nos coñecedes un pouco, non queremos despedirnos sen agradecer a presenza das "Argalleiras das letras, Candela e Cristina", que estiveron con nós un ano máis. Grazas por seguir compartindo o que nos uniu e unirá sempre: o gusto por ler e compartir. 
Pero, e agora si que vai a despedida, fixádevos na seguinte foto. Agardamos que localicedes a dous intrusos que se achegaron para compartir película e cea. BO PROVEITO!!! E grazas por vir!!! 

( Cando teñamos listo o vídeo deste momento, compartirémolo. Imos paseniño)
Carmela ( 2ºESO)

No hay comentarios: