martes, 10 de octubre de 2017

DE TRIACASTELA A SAMOS, IMOS FACENDO O CAMIÑO

O día 25 de setembro de 2017, alumnado de todos os cursos do centro e algunhas profesoras ( Elena, Chelo, Marina L. e Mª José) subimos ao bus para dirixirnos a Triacastela, lugar no que comezariamos a etapa do Camiño de Santiago.


Cando chegamos a destino, tras dúas "interminables" horas de viaxe, baixamos do autobús e botamos a camiñar. Andamos moito tempo e algúns dos rapaces e rapazas comezaron a cansar e a queixarse, de cando en vez. 

Polo camiño atopamos peregrinos que se dirixían a Santiago e paisaxes realmente fermosas. 

Tamén sinalizacións, un tanto curiosas, que nos fixeron lembrar a comunicación visual verbal e non verbal.


Chegamos en varios grupos a Samos, onde, cansos e cansas e con moita fame, fomos comer, por fin, a un parque infantil. 
Máis tarde, andamos outro anaco e descansamos no Mosteiro de Samos. Sacamos unha foto de grupo tod@s xunt@s e marchamos no bus para casa. 

Este ano  continuaremos facendo camiño e para o seguinte outra etapa do Camiño. 
Irea Cendán


No hay comentarios: