lunes, 2 de octubre de 2017

LEMOS POR E " GRAZAS " A VÓS!!!

O día 22 de setembro rematou a actividade que iniciaramos o curso pasado: " Lemos por e para vós a, Antoloxía poética das árbores celtas". 
Non queremos cansarvos lembrando como iniciamos este proxecto, nin tampouco como se foi desenvolvendo, porque tedes toda esta información neste blog.
O certo é que para @s argalleir@s das letras o curso escolar comezou antes do día 15. Tiñamos moito que organizar para que o día 22 todo estivese coma nos gusta a nós: BEN. Como a Elena e a Chelo non lles importou acompañarnos nos días de "descanso", e a tod@s nos movía o mesmo obxectivo,  aí estivemos no centro ( días antes do inicio do curso) preparando as nosas árbores, pensando na música, nos agasallos, en fin... en poder amosarlles o noso agradecemento a TOD@S @S ARGALLEIR@S DAS LETRAS " DE HONRA" pola súa colaboración neste proxecto.

Pensando e investigando
Música para....
O  MELLOR AGASALLO: A VIOLETA...
Comezado o curso soubemos que "moit@s argalleir@s de HONRA" non poderían asisitir ao acto por diferentes motivos ( grazas polas vosas palabras de ánimo, e que todo vos  vai ben! Sendo "argalleir@s será máis doado!), pero nós tiñamos que seguir traballando para que o día do encontro fose unha data inesquecible para tod@s @s asistentes e tamén para os que nos seguían dende a distancia, porque sabemos que estaban con nós.   
Non había tempo e comezamos a idear as insignias para entregárllelas @s asistentes, nos diplomas que os nomearían "ARGALLEIR@S DE HONRA", na organización á hora de recibil@s ( cada remitente co seu destinatariro ou destinataria)....
E así foi:

A folla do noso CARBALLO foi a elixida para as insignias. 
Exemplo do diploma que se lles entregou a tod@s @s ARGALLEIR@S DE HONRA.
Xa vedes como foi o recibimento:
Cada remitente co seu destinatario ou destinataria.
A alegría non faltou durante todo o paseo.
E comezamos o percorrido pola Alameda Literaria das Árbores Celtas
amosándolles a cada " Argalleir@ de HONRA" os segredos que agochaba a árbore celta baixo a que naceran. Parándonos, en especial, no noso BIDUEIRO. 

E continuando así con tod@s @s convidad@s.  Non compartimos as fotos deste momento, porque nos gustaría que virades o vídeo que realizamos para lembrar este momento (agardade ao final, por favor!)
Como sabemos que tod@s entenderán que queiramos agradecerlle a Hakam Casares que nos viñera visitar, aínda que non confirmara a asistencia ao acto, vai a foto do momento en que coñeceu a árbore celta que o protexe.

Finalizado o paseo, cambiamos de escenario porque chegaba o momento da verdade. Era tempo de investilos como "Argalleiros e argalleiras de honra", recoñecéndolles así o traballo que realizaran.

@s nov@s argalleir@s no salón de actos
agardando a ser investido como membros de HONRA no noso club. 
Elvira, Carmela, Sofía e Álvaro abriron o acto cunha peza musical. 
Xan, Borja, Carmela e Sabela foron as persoas encargadas de ler o discurso inaugural, redactado por tod@s @s argalleir@s das letras.
Deixámosvos coas súas palabras:

Bos días de novo a todos e a todas:
Logo de percorrer xuntos a Alameda Literaria toca iniciar o acto máis serio, polo que cómpre facer unha lembranza de como foi este proxecto co fin de que vos deades conta da importancia da vosa axuda. Sen vós, isto non sería posible.
“@s argalleir@s das letras” comezamos, coma sempre, con moitas ganas de coñecer as novas experiencias que nos agardaban, pero, entre nós, estabamos cansos e cansas de traballar tanto e tan duro, polo que se nos ocorreu a seguinte idea. Se nós traballamos tanto, por que non pedimos axuda?  A quen? Comezaron a saír os nomes das persoas que nós queriamos que nos axudasen: escritores, cantantes, youtubers, deportistas, actores, debuxantes, xornalistas, pintores, empresarios, en fin... xente famosa. Continuamos e puxémonos mans á obra. Buscamos os contactos, redactamos correos, toleamos ás profes e ao vice para que enviasen os correos dende o centro, porque sabiamos que a nós ninguén non respondería. Que pena, verdade!!!
Posto en marcha o proxecto empezamos a recibir:
ALEGRÍAS pola pronta resposta de moitos e moitas deles e delas, tanto pola súa colaboración como polos ánimos que nos daban, aínda que algúns non puidesen axudarnos por motivos laborais. Pero responderon ao noso correo. GRAZAS
E PENA E DECEPCIÓN  por sentirnos un pouquiño enganados, xa que algúns que prometeron participar, non o fixeron.
Aprendemos moitas cousas, sobre todo a rematar o traballo iniciado, xa que non podiamos fallarlles a todas as persoas que nos enviaran xa  as súas gravacións. Volvemos á carga e aprendemos o valor da amizade e a valorar as persoas que están ao noso carón, que son máis famosas que calquera famoso recoñecido. Quen non nos falla nunca? A familia e os amigos. E así puidemos rematar este fermoso traballo grazas a todos e todas vós.
Agora entendedes o importante que é para nós que aceptásedes a nosa invitación?
Queriamos agradecervos persoalmente que nos axudásedes a poñer fin a un proxecto que saíu adiante grazas a vós e serviu para dar a coñecer un pouquiño máis  a nosa lingua e a nosa literatura.
Co voso permiso queremos lembrar a todas as persoas que nos axudaron e nos tiveron en conta, aínda que só sexamos estudantes e ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS. 

Imos nomear a todos e a todas " ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS, DE HONRA" e aproveitar para entregar un pequeno agasallo aos aquí presentes.

HELENA VILLAR JANEIRO, ÁNGELA Mª REBOREDO PEDREIRA, GLORIA DAVID, MIGUEL VIGO, FRAN ALONSO, AURIA BÓVEDA MORANDEIRA, EFIGENIA MASEDA, SILVIA PARDO GALDO, CÉSAR CANDELAS, ALBA REQUEIJO CENDÁN, CARLOS NEGRO, MODESTO PAZ, CARLOS BLANCO, PAULA CARBALLEIRA, PURA GALÁN, RUBÉN RUIBAL, LUÍS GARCÍA SANTALLA, EDITA NOGUEIRA, JOSÉ LUÍS GRAÑA, MARTIÑO MASEDA, YOLANDA BACA, BEGOÑA MARTÍN ACERO, TUCHO CALVO, ANTÓN RIVEIRO COELLO, CARLOS COIRA, JORGE COIRA, HÉCTOR CAJARAVILLE, XAVIER CASTRO, XURXO MARTINHO, XESÚS RÁBADE PAREDES, ELISARDO LÓPEZ VARELA, SUSANA BELLAS, DIANA SILVA, CRISTINA ARIAS, LUCÍA GUIZÁN, MANUEL PRIETO, SANTI DEL MORAL, JUAN ANTONIO PINTO ANTÓN, VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, MARTA DACOSTA, CARLOTA CANDELAS, ARMANDO REQUEIXO, CELIA CASTRO, CANDELA PAZ, LUÍS VELOSO, Mª CARMEN SAMPEDRO, ANDREA MACEIRAS e OLEGARIO SAMPEDRO.

Un exemplo da entrega do diploma e a VIOLETA. 
Sheila foi a encargada de lerlles o motivo de agasallalos cunha violeta, pero este é un tema que pronto saberedes, xa que é o inicio do novo proxecto d@s argalleir@s das letras.

Xan rematou o discurso inaugural coas seguintes palabras: Moitas grazas. Agora deixámosvos a vós para que sigades traballando. 

Cada "ARGALLEIR@ DE HONRA" tiña que convencernos en menos de DOUS MINUTOS de que lésemos nos clubs de lectura o libro que el ou ela nos recomendaba.
Aquí vai a listaxe de títulos que defenderon:

SANTI DEL MORAL: Os ángulos da brasa, Manuel Álvarez Torneiro
TUCHO CALVO: Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar escrito por Francisco Maseda.
BEGOÑA MARTÍN: O señor Ibrahim e as flores do Corán, Eric- Emmanuel Schmitt.
J. LUIS GRAÑA: Itinerario do botellón, J. Luis Graña
EDITA NOGUEIRA: As novas cousas de Ramón Lamote, Paco Martín.
PURA GALÁN: De remate, Héctor Cajaraville
LUIS VELOSO: Lolo na bici e Carlos na moto, Rafael Laso.
HÉCTOR CAJARAVILLE: Terraza de Fran Alonso. 
OLEGARIO SAMPEDRO: todos os libros de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle.
HAKAM CASARES: Ilustrísima ou O sol do verán, Carlos Casares. 
CRISTINA ARIAS: A viaxe de Gagarin, Agustín Fernández Paz. 
CÉSAR CANDELAS: Salseiros, Suso Lista. 
EFIGENIA MASEDA: El príncipe de Tarsis, Antonio Sánchez Escalonilla. 
Olegario Sampedro "intentándonos" convencer de que enviásemos a carta que tiña redactada para...
Non pensedes que todos respectaron os dous minutos, pero aí estaba Álvaro para volvelos á realidade.
ALGÚNS DOS CONVIDADOS COMENTARON QUE ESTE XEITO DE LEMBRAR O TEMPO DE INTERVENCIÓN DEBIA  INSTAURARSE EN TODOS OS ACTOS. (Se queredes coñecer os argumentos que empregaron non deixedes de ver o vídeo que aparece ao final da entrada)
En menos de dous minutos compartimos a nosa decisión: OS CATRO LIBROS SELECCIONADOS para ler e gravar en audio foron os que aparecen en letra grosa na listaxe que vos achegamos.

Ao rematar tivemos unha "sorpresa" por parte de LUIS, BALDOMERO E JOSÉ ANTONIO.

Despediron o acto cantando poemas de Curros, Lamas Carvajal e achegándonos a temas populares como o de " correr o tangaraño" e outros máis reivindicativos.
Nós convidámolos a...


Deixámosvos cos enlaces para que poidades "saborear" ao completo todos os momentos que vivimos este día.
BO PROVEITO!!!

Vai o vídeo realizado por nós ( pedimos desculpas a: Pura Galán e ao seu álamo; Alba Requeijo e ao seu pradairo e Baldomero Pavón e a súa sorbeira por non termos fotos para engadir ao noso vídeo). 

E agora o vídeo que nos cedeu a TELEVISIÓN LOCAL DAS PONTES e lembra este día. Moitas grazas por compartilo.


E para rematar, unha imaxe que quedará en nós e con nós para sempre. GRAZAS " ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS, DE HONRA".
( Que saibades que na imaxe estamos os que estamos, pero na mente ESTAMOS TODOS E TODAS!!!)

No hay comentarios: