martes, 20 de junio de 2017

LEMOS POR E PARA VÓS a Antoloxía poética das árbores celtas

Moitas grazas a todas as persoas que nos axudastes a levar a cabo o proxecto “Lemos por e para vós”.
Este foi un traballo arduo, laborioso, cansino, devastador..., á par que moi gratificante xa que nos abriu os ollos a como son as persoas. Comezamos entusiasmados elixindo a famosos que nós admirabamos e desexabamos que colaborasen con nós nesta nova aventura, pero... moitos; nin contestaron, outros; enganáronnos comprometéndose para ao final nunca cumprir... 
Agora ben, agradecemos a todos, os que dende hoxe serán sempre argalleiros e argalleiras das letras, o seu compromiso con nós dende o inicio, porque nos amosaron que a verdadeira fama é a humildade. Tamén están connosco os que quixeron axudarnos, pero as circunstancias impedíronllelo. 

Xa falamos co equipo directivo do instituto  para comunicarlle a nosa intención de coñecernos persoalmente e pronto recibiredes unha invitación do centro para ver se podemos facer este soño realidade alá polo mes de setembro. 

Deixámosvos coas voces de todos e todas os e as nosos e nosas famosas lendo os poemas da nosa Antoloxía poética das árbores celtas. 

MOITÍSIMAS GRACIAS POR AXUDARNOS E LER POR E PARA NÓS.

A escritora e argalleira das letras, HELENA VILLAR JANEIRO  le o prólogo da Antoloxía e os poemas que inician a  sección da  "súa" Abeleira. 
Gozade coa súa voz!

 



A pandereteira, bailarina, profesora de baile galego e directora da Asociación Folclórica Ancoradoira,  ANGELA Mª REBOREDO PEDREIRA  le poemas de Manuel María para Abeleira.



A poeta GLORIA DAVID e integrantee do grupo poético ALALÁ le poemas de Manuel María e Uxío Novoneyra para Abeleira.

O libreiro de TOTEM (a mellor libraría de cómics) e coordinador do club de lectura da biblioteca Nodal, MIGUEL VIGO le  poemas de Méndez Ferrín e Santi del Moral para Abeleira.


E de HELENA VILLAR JANEIRO para o Abeto.



 O escritor FRAN ALONSO  pon voz aos poemas de M. González Garcés e aos que @s @rgalleiros das letras compuxemos para o Tileiro.



A profesora AURIA BÓVEDA MORANDEIRA le poemas da Poesía popular galega e de Aquilino Iglesias Alvariño sobre o Amieiro. ( Pedimos desculpas polo erro que aparece no nome do arquivo, que conste que intentamos modificalo, pero non conseguimos que aceptase as modificacións e como o tempo vai en contra nosa....Mil perdóns, Auria)



A profesora e licenciada en clásicas, EFIGENIA MASEDA pon voz a poemas de  Xosé Neira Vilas e Luz Pozo Garza para o Amieiro.



E tamén aos que inician o Bidueiro, do poeta Manuel María.


A poetisa e membro do grupo poético ALALÁ, SILVIA PARDO GALDO leu poemas de Manuel María e Leiras Pulpeiro para esta árbore.



O historiador e escritor CÉSAR CANDELAS púxolles voz a poemas de Aquilino Iglesias Alvariño e Luís Seoane para o bidueiro. ( Pedimos desculpas polo erro no apelido que aparece no arquivo. Fixemos  modificacións, pero  non as aceptou. Tentaremos cambialo o máis pronto posible.)



A estudante de 1ºBAC, artífice da inauguración da Alameda Literaria das Árbores celtas do centro, e "Argalleira das letras" para sempre, ALBA REQUEIJO CENDÁN leu poemas de Antón Avilés de Taramancos e Uxío Novoneyra para lembrar o bidueiro.



O ( noso) poeta, escritor e profesor CARLOS NEGRO  le poemas de Manuel María para iniciar a sección do Carballo.



O avogado MODESTO PAZ leu poemas nos que o carballo ten presenza nos poemas de Manuel María, Poesía popular galega e de Rosalía de Castro.



O actor CARLOS BLANCO puxo voz a poemas de Rosalía de Castro e Curros Enríquez para esta árbore.

A escritora e contadora de contos e historias, PAULA CARBALLEIRA le a Antonio Noriega Varela, Luís Amado Carballo e Fermín Bouza Brey para achegar os poemas nos que o carballo ten presenza nas súas obras.



A coordinadora dos EDLG da Coruña, PURA GALÁN púxolles voz a poemas de Aquilino I. Alvariño e M. Luís Acuña para o carballo.



O escritor RUBÉN RUIBAL compartiu dous poemas sobre o carballo de Antón Aviles de Taramancos e C. E. Ferreiro. ( Dende aquí queremos manter a súa selección, aínda que non respecte a da Antoloxía).



O economista e director xerente de BEGASA, LUÍS GARCÍA SANTALLA púxolles voz aos poemas de Antón Avilñés de Taramancos que eliximos para o carballo.



A mestra e escritora de microrrelatos EDITA NOGUEIRA  leu os poemas que eliximos para o carballo de X. L. Méndez Ferrín, X. Mª Álvarez Blázquez, A. García Teijeiro e Santi del Moral.



O mestre de Lingua Galega e escritor, JOSÉ LUÍS GRAÑA inciou a selección de poemas para o castiñeiro. Leu poemas de Manuel María, da poesía popular galega, de Manuel Curros Enríquez e Luís Amado Carballo nos que esta árbore ten presenza.

O poeta vilalbés MARTIÑO MASEDA e amante dos audiolibros coma nós, púxolles voz aos poemas sobre o castiñeiro que eliximos de Aquilino Iglesias Alvariño, M. Luís Acuña, Antón Tovar e Uxío Novoneyra.



YOLANDA BACA ( pedimos desculpas polo erro que aparece no apelido, procuraremos solucionalo canto antes) : lectora insaciable, persoa solidaria á hora de compartir lecturas e tempo, e libreira de TRAMA ( a nosa libraría de referencia) leu poemas de Uxío Novoneyra, María Mariño, Helena Villar Janeiro - Xesús Rábade Paredes e Raúl Pato que fan referencia a esta árbore.




BEGOÑA MARTÍN ACERO, profesora e escritora non dubidou en ler poemas de Manuel María, X. M. Álvarez Cáccamo para o seu cedro ( mira que sorte tivo que lle tocou ler poemas da súa árbore!!!)




O escritor e xornalista, TUCHO CALVO estivo unha vez máis con todos e todas nós e introduciou a sección de poemas para o CIPRÉS. Na súa voz podedes escoitar poemas sobre esta árbore que teñen presenza na Poesía popular galega, nas obras de Luís Amado Carballo, Luís Pimentel e Celso Emilio Ferreiro.



O escritor ANTÓN RIVEIRO COELLO ( canto nos gustou Laura no deserto!!!) non dubidou en colaborar con nós e poñerlles voz a poemas de Antón Tovar, Martín Veiga nos que o ciprés estaba presente.



Se vos interesa o mundo cultural que se vive na cidade de Lugo, debedes saber que CARLOS COIRA ten moito que ver. Tradutor, escritor, mago e libreiro de TRAMA ( libraría   famosa polos encontros que escritores e escritores realizan cos lectores). Carlos leu os poemas que introducen a sección da faia e deixaron testemuña nas obras de: Johan Airas de Santiago, Antón Avilés de Taramancos e Uxío Novoneyra. 



O director e guionista de cine ( gañador dun Goya á mellor montaxe no 2016), JORGE COIRA  non dubidou á hora de botarnos unha man e ler os poemas que eliximos para faia e estaban presentes na obra de Uxío Novoneyra.

E iniciou a selección de poemas sobre a FIGUEIRA, lendo a Manuel María e Rosalía de Castro.




O escritor HECTOR CAJARAVILLE púxolles voz aos poemas de Leiras Pulpeiro, Euxenio Montes, Miguel González Garcés e Alfonso Pexegueiro para a figueira nestes.



O escritor e director do PEN GALICIA, XAVIER CASTRO colaborou con nós poñéndolles voz aos poemas de Carlos Fonte para rematar a selección que realizaramos sobre esta árbore.




E iniciou a sección dos poemas para o FREIXO lendo a Manuel María e Uxío Novoneyra.




O pintor XURXO MARTINHO non dubidou esquecer (por uns momentos) á súa paixón pola arte para compartir con nós outra: ler para todos e todas nós. Aquí o tedes comezando a sección para a maceira, poñéndolles voz a poemas de Manuel María, da poesía popular galega, Rosalía de Castro e Luís Pimentel.



O escritor XESÚS RÁBADE PAREDES (o noso olmo e compañeiro da nosa abraira) solidarizouse con nós dende o comezo desta andaina lendo os poemas de Luís Pimentel, Celso Emilio Ferreiro e M. González Garcés para acompañar a maceira.




O inspector de educación ELISARDO LÓPEZ VARELA non dubidou en acompañarnos nesta aventura, que abre as portas á nosa cultura e á nosa lingua a máis lugares e persoas. Púxolles voz a poemas de González Garcés nos que esta árbore ten presenza.



A bióloga e deportista SUSANA BELLAS colaborou neste proxecto poñéndolles voz aos poemas, que eliximos para a maceira de X. L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e Manuel Rivas.




A artista plástica DIANA SILVA non dubidou en dedicarnos parte do seu tempo lendo os poemas seleccionados para a maceira de Olga Novo, Miro Villar, Claudio Rodríguez Fer e Xulio L. Valcárcel.




A xornalista CRISTINA ARIAS botarnos unha man para que puidésemos poñer fin a esta actividade. Só nos quedaba unha persoa famosa para ler os poemas e non tiñamos tempo para contactar con outras, entón pensamos nela. Cando soubo a nosa situación, non dubidou en axudarnos lendo os poemas da sección da Nogueira que seleccionamos da obra de Rosalía de Castro e de Rafa Villar.




E iniciar a sección para a Oliveira lendo os poemas elixidos de Manuel María e Rosalía de Castro.




A informática, deseñadora de páxinas web ( IES CASTRO DA UZ) e de xogos en rede (Argalleirando), entre outras habilidades,  LUCÍA GUIZÁN VÁZQUEZ axudounos a cumprir este soño lendo poemas de Rosalía de Castro, Fermín Bouza Brey e A. Iglesias Alvariño para esta árbore.




O mestre MANUEL PRIETO solidarizouse con nós e leu o poema de Arcadio L. Casanova que pon fin á sección da oliveira.




e iniciou a sección para o OLMO lendo a Rosalía de Castro.

SANTI DEL MORAL,  poeta e membro do colectivo poético ALALÁ, inicia a sección para o Piñeiro lendo  poemas de Manuel María, da Poesía Popular Galega e Rosalía de Castro.



JUAN ANTONIO PINTO ANTÓN, historiador, docente e colaborador en xornais  axudounos lendo os poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Antonio Noriega Varela para continuar a selección que realizamos sobre a presenza do piñeiro na nosa literatura.

O Secretario Xeral de Política Lingüística, VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ leu os poemas que seleccionamos para o piñeiro da obra de Noriega Varela e Luís Amado Carballo. Grazas por axudarnos a conseguir que a nosa literatura e a nosa lingua chegue a todos e a todas e estea presente nas redes.



A profesora e poetisa MARTA DACOSTA  non dubidou en axudarnos nesta tarefa poñéndolles voz aos poemas de Luís Amado Carballo que seleccionamos para esta árbore.



CARLOTA CANDELAS, futura estudante do Dobre grao de Relacións Internacionais e Protocolo en Madrid, e artífice da inauguración da Alameda Literaria das Árbores Celtas do centro, amosou o seu compromiso con todos e todas nós poñéndolles voz aos poemas de Luís Amado Carballo.



ARMANDO REQUEIXO, profesor, crítico literario e escritor axudounos nesta tarefa lendo os poemas que seleccionamos para esta árbore da obra de Aquilino I.Alvariño, Luís Pimentel e M. Luís Acuña.



CELIA CASTRO, futura estudante de Linguas estranxeiras en Vigo e artífice da inauguración da Alameda Literaria das árbores celtas do IES Castro da Uz púxolles voz aos poemas de Manuel L. Acuña e Celso Emilio Ferreiro para o piñeiro.



CANDELA PAZ, futura traballadora social, artífice da inauguración da Alameda Literaria das árbores celtas do centro e a nosa fraustista preferida, pon voz aos poemas de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño para continuar coa presenza desta árbore na nosa literatura.



O mestre, emprendedor, fundador e colaborador de xornais dixitais, e espírito inquieto como @s argalleiros das letras, LUÍS VELOSO  puxo voz a poemas de María Mariño e Manuel Outeiriño para finalizar a selección de poemas sobre o piñeiro.



E abriu a sección de poemas seleccionados para o PRADAIRO lendo a Uxío Noveyra e Marta Dacosta.



CARMEN SAMPEDRO LÓPEZ, mestra e pintora que leva a súa arte por Galicia e Portugal inicia a sección do Salgueiro poñendo voz a poemas de Manuel María, Poesía popular galega e Luís Amado Carballo.



A escritora ANDREA MACEIRAS pon voz a poemas de Luís Amado Carballo, Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra e Luz Pozo Garza para o Salgueiro.



O psicólogo, pedagogo, mestre e fotógrafo R. OLEGARIO SAMPEDRO pon voz a poemas de X. Manuel Vélez para o Salgeuiro.



Inicia a sección da sorbeira lendo poemas  da poesía popular galega e remátaa cos "Argalleiros e argalleiras das letras".



e finaliza a lectura desta antoloxía poética lendo os poemas que os argalleiros e argalleiras das letras compuxemos para que o TILEIRO non quedase soíño.


COMO DIXEMOS NA DESCRICIÓN DESTA ACTIVIDADE PEDIMOS DESCULPAS POR TODOS OS ERROS QUE PUIDERADES ATOPAR Á HORA DE LER OS POEMAS QUE VOS ENVIAMOS, PERO QUE SAIBADES QUE FORON ERROS INVOLUNTARIOS.

Unha vez máis moitas grazas pola vosa axuda e colaboración e esperamos vernos en setembro para falar e compartir momentos inolvidables como auténticos argalleiros e argalleiras das letras que somos.
BO VERÁN E BOAS ESCOITAS VOS DESEXAMOS: Laura B., Alba R., Xoel P., Icía, Sofía, Adela, Xavi, Xan, Cristina, Aarón, Carla, Juan, Vicente, Jessica, Santiago, Elvira, Antía, Alicia, Sabela, Sara B., Leticia, Silvia, Andrea M., Aldara, Carmela D., Francisco, Sara C., Nono, Álvaro, Xoel C., Lucía, Antonio F., Manuel A., Uxía, Javi, Carmen, Noa, Sheila, Andrea B., Laura O.







No hay comentarios: