martes, 9 de mayo de 2017

TALLER DE GRAFFITI, ( PRIMEIRA PARTE)

Grazas ao Grupo de Biblioteca do centro (capitaneado por Elena) e ao EDLG ( coordinado por Montse) puidemos achegarnos e sentirnos auténticos artistas do graffiti.

Hoxe foi a primeira sesión do taller que nos dá o antigo alumno do centro, e un dos mellores graffiteiros actuais:  RUBÉN MOLEDO. Recomendámosvos ler a entrevista que saíu no xornal El Progreso hai uns días para coñecer un pouco máis a este artista pontés. 



Ás 12,10 diríximonos ao corredor exterior que dá acceso ao ximnasio e ás aulas de ciclos para comezar o taller. Que sorte que Rubén xa tivese todo preparado!!!

Sen perder tempo, Rubén empezou explicándonos un pouco da historia do graffiti e remontouse ata a prehistoria, para logo pasar a falarnos das técnicas e termos que se empregan nesta arte. Aclarounos moi ben o que era un Tag e como se facían. (Nós tamén deixaremos a nosa sinatura nun dos paneis que trouxo.)

Logo ensinounos a usar os sprays e os diferentes tipos de boquillas e explicounos para que se utilizaba cada unha. (Tiñamos que practicar moito porque nos agarda un traballo algo difícil.)


Como vedes practicamos moito e o noso profe sempre atento a todas as preguntas que lle iamos facendo. 
Mirade como quedou o panel coas nosas prácticas: 

Máis tarde comezou a realizar un graffiti coa súa sinatura para que practicásemos na arte de pintar o corpo do debuxo. Si, no taller do martes próximo teremos que enfrontarnos a axudarlle a realizar o graffiti que colocaremos na parte exterior do instituto e encerra o significado que para nós ten o centro no que estudamos. Xa veredes, xa!






Moitas grazas pola túa paciencia, Rubén. Estamos desexando que chegue o próximo martes para poder pintar contigo o graffiti e facer os nosos tag noutro panel. 
Ata pronto.




No hay comentarios: