martes, 24 de octubre de 2017

Entrevistas en RADIO RAS

@s argalleir@s das letras comezamos coa nosa radio escolar hai moitos anos e queremos compartir con todos e todas vós algunhas das entrevistas que fomos realizando.

Entrevista a Ana, profesora de inglés da escola de idiomas.

Entrevista a Sandra Blanco, periodista e antiga alumna do IES Castro da Uz.



Entrevista a Luís García, membro da ONG para o desenvolvemento, que compartiu un tempo con nós.


Entrevista a Santiago, o noso profe de bioloxía.
 
Entrevista a Soto, o noso profe de relixión e outras moitas máis materias.

Entrevista a Pura Galán, coordinadora dos EDLG da provincia da Coruña, que visitou a nosa radio escolar e nos contou moitas, moitas cousas.
 
Entrevista a Miguel Alvariño, o mellor tirador con arco e o noso compañeiro.
  Entrevista a Óscar, secretario do centro. Entrevista a Vigo, artesán da madeira. Entrevista a Icía, profe de matemáticas do centro. Entrevista a María Lado e Lucía Aldao. DÚAS POETISAS que nos achegaron a poesía dun xeito que nos encantou. Pedimos desculpas polas interferencias que escoitaredes na gravación, pero paga a pena que escoitedes a entrevista e gocedes dos últimos minutos. Entrevista a Valentín, alcalde das Pontes. Nesta primeira ocasión, Valentín achegouse ata a radio escolar para "someterse" a un programa semellante a "Teño unha pregunta para vostede". Na segunda ocasión que se achegou ata Radio Ras non podemos compartir a entrevista, xa que a gravadora non cumpriu coa súa función. As argalleiras das letras, Alba Requeijo e Andrea Montero, entrevistaron a Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade para Radio Ras na biblioteca do centro. Pedimos que escoitedes a entrevista porque coñeceredes a unha escritora e un escritor que vos achegarán a moitos temas de interese. Grazas "abraira" e "olmo" por vir visitarnos. O alumnado de 1ºESO entrevistou a Mª José, profe de francés do centro.

O día 7 de marzo, @s argalleir@s das letras tivemos a sorte de coñecer a Carlos Negro, un dos escritores que nos veu acompañando nestes últimos anos a través das súas lecturas. Se queredes escoitar a entrevista que lle realizamos, Sheila, Carmen, Xan, Leticia, Cristina e Borja, agora é momento.
Non vos perdades nin un momento.



O venres 12 de maio na radio escolar estivemos moi atarefad@s. Nada máis e nada menos tivemos que facer fronte a dúas entrevistas, que agora compartimos con vós. 
As argalleiras de 2ºESO ( Sara Basoa, Jessica Leira e Sabela Rodríguez) entrevistamos a ARANTXA, unha ex alumna do centro que cumpriu o seu soño de ser avogada.  Antes de deixarvos coa entrevista queremos dicirvos que Arantxa ten como árbore celta que a protexe o CARBALLO, a mesma que ela elixiu. 


A continuación, as argalleiras de 3ºESO ( Laura Bellas e Alicia Cao) entrevistaron a LUCÍA CALVO, outra ex alumna e argalleira das letras. Escoitade o que nos contou.


Comezamos o curso 2017/ 2018 entrevistando a Pili, a persoa encargada da cafetería do centro e a muller que fai os mellores bocatas do mundo. Deixámosvos que escoitedes a entrevista que @s argalleir@s das letras de 3ºESO, Sabela, Xoel, Sara, Jessica e Silvia lle realizamos. Que a gocedes, como nós o fixemos.
Grazas, Pili.
O 24 do Outubro Aldara, Javier, Hernán, Jorge e David convertémonos en reporteiros e entrevistamos a Tino, o bedel do noso centro e a persoa encargada de que todo funcione ben e coa que levamos moitos anos.
Deixámosvos para que escoitedes o que nos contou.

No hay comentarios: