domingo, 5 de noviembre de 2017

O Samaín en coplas

Este curso, o Samaín e a "cabeza falangueira" viñeron acompañados destas coplas que fixemos os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º ESO para lembrar esta data e acompañar as castañas asadas coas que nos agasallou a ANPA.

Aquí están algunhas, pero lembrade que poderedes lelas todas na revista escolar, Argalladas



A cabaza falangueira
é a que máis medo dá,
vén coa súa amiga meiga
e non sabes o que argallarán
  
A cabeza falangueira
come castañas na cidade,
éche moi traizoeira
e atrae á escuridade.

A cabaza falangueira
disfrázase no samaín.
Come castañas da neveira
mentres cultiva calabacín.

As castañas do magosto,
as cabazas adornadas.
A min gústancheme moito
estas festas tan sonadas.

A cabaza falangueira
non sei por onde andará,
sempre anda pola feira
asustando os demais.
  
A cabaza falangueira
nunca cansa de falar.
Éche unha gran troleira
asustando sen parar.

As cabazas e as meigas
están sempre no samaín,
cántanche polas feiras
declinando en latín.
  
Fantasmas, monstros e bruxas,
saen nas noites de samaín.
Vampiros, cabazas, curuxas
metidos todos nun carpín.

A cabaza falangueira
moi grande e medrosa é.
Anda polo noso centro
sosténdose só nun pé.

Un vampiro tenebroso
odia moito o halloween,
por esta festa horrorosa
que compite co samaín.



Agardamos que o voso "Truco ou trato" fose tan divertido.


Ata a próxima.

No hay comentarios: