Boas a todos e a todas. Os obradoiros literarios dos Argalleiros e argalleiras das letras volven co seu quinto maratón de cine. Quen pensaría que iamos seguir aquí despois de tantos anos! Pois xa vedes que aquí estamos e aquí seguiremos.
Coas lecturas realizadas no curso 2014/ 2015 celebramos o noso quinquenio ( esperemos que estea ben empregada a palabra, do contrario: bronca de Chelo. Non te "encendas").
Unha cousa. Seica este curso os Argalleiros e argalleiras das letras volvemos formar parte dos clubs de lectura e que os dirixirá Elena. Vale. Perfecto. Nós seguiremos igual ca sempre, argallando e lembrando o lema que naceu con nós: “Ler é un pracer.
Ler o que escriben os outros, unha viaxe. Ler o que escribimos nós, un soño
compartido”.
Deixámosvos coas pelis elixidas polos participantes dos obradoiros literarios dos Argalleiros e argalleiras das letras, baseadas nos temas das lecturas realizadas o curso anterior.
UNHA AUTÉNTICA PASADA!

V maratón de cine2014 2015 from radiorasca
Se nos facedes caso, recomendámosvos que vexades a curta de O home que plantaba árbores. Só vos dicimos que unha argalleira das letras ( Cristina) ao final da peli non puido comentar nada, porque viaxara tan alto entre as cores, imaxes... que...

No hay comentarios:
Publicar un comentario