martes, 26 de enero de 2016

IV Maratón de cine

Os Obradorios literarios d@s argalleir@s das letras estamos felices por realizar o noso cuarto maratón de cine. Xa sabedes que as pelis elixímolas pensando nos temas que comentamos das lecturas realizadas no obradoiro dedicado á narrativa, poesía, teatro e no dedicado só a cómic.

Neste maratón tivemos un problema técnico que nos impediu ver a peli que estaba programada para o inicio, pero como fomos adiantando as outras, ao final tivemos un pouquiño de tempo para durmir. Algúns, claro está, porque outras persoas (non nos explicamos como as profes, Chelo- coa idade que ten. JEJEJE- e Amara - podía pechar os ollos-)  non durmiron nada e andaban argallando e argallando cousiñas. Agora que o pensamos, tamén andaban os argalleiros Víctor e Rubén por aí. Unha lembranza para todos e todas. 

No hay comentarios: