miércoles, 3 de febrero de 2016

@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS E O DÍA DA PAZ - 2016

Un ano máis os Argalleiros e Argalleiras das letras convertémonos en contacontos solidarios e trasladámonos ao CEIP A Fraga (As Pontes) e a o CEIP Menéndez Pelayo (Lugo) para transmitir @s máis pequen@s a importancia e o significado do Día da Paz. @s rapaciñ@s, polo xeral, disfrutaron moito dos nosos contos e tanto nós coma eles e elas pasamos un bo anaco.



O día 27 de xaneiro fixemos a nosa primeira representación no CEIP A Fraga. Para algúns dos contacontos era a primeira vez que se enfrontaban ao público máis difícil que existe,os nen@s, o que fixo que todos nos puxeramos nerviosos e non conseguísemos conectar c@s nen@s totalmente. Cando rematamos a función estabamos moi desgutados porque non "soubemos" transmitir a mensaxe dos nosos contos e entón  decidimos facer algún axuste para que iso non volvese acontecer.
O día 30 saímos cara ao CEIP Menéndez Pelayo coa intención de mellorar a nosa sesión de contos e de conseguir meter @s rapaces no peto. Aínda que cometemos algún pequeno erro (é imposible facelo perfecto), dende o primeiro momento notamos os nenos e as nenas máis participativos que o anterior mércores: tod@s querían coloaborar con nós e iso facíanos meternos máis nos nosos contiños. E, para o noso asombro, antes de que rematásemos, @s nen@s levantáronse e pedíronos que lles contásemos outro conto! Tod@s berrando: outro, outro outro!  Saímos de alí moi satisfeitos por facer gozar aos nenos e nenas, e, por suposto, de ter gozado nós.
Aínda que non desenvolvemos a nosa primeira función con éxito, si o fixemos en Lugo, e só por iso xa estamos orgullosos. Esperamos poder repetir noutra ocasión e seguir transmitindo a mensaxe da paz. 
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como nos foi. 





No hay comentarios: