martes, 26 de enero de 2016

Maratón de cine d@s argalleir@s

Boas a tod@s @s lector@s: 
ímosvos contar a historia do noso maratón de cine. Xa sabedes que temos dous clubs de lectura no centro. Un está destinado a narrativa, poesía.... e o outro só a cómic.



 Aínda que as sesións semanais se fan por separado, todos e todas estamos unidos polo pracer de ler e compartir as lecturas e así naceu esta actividade. Como sempre falamos dos temas das lecturas, moitas veces sempre iamos a exemplificar a situación, ou identificar un personaxe cunha peli ou cun personaxe desta, entón... Meu dito, meu feito! Un traballiño máis. Agora temos que seleccionar películas que traten os temas comentados nas lecturas para logo pasar unha noite enteira no centro véndoas. Aínda que o de unha noite non é moi exacto que se diga. 
Fixádevos como organizamos o noso maratón: 
Intentamos buscar un día que estea próximo a algunhas vacacións, porque ás 8,30h da mañá incorporámonos ao ritmo das clases como se nada pasase na noite anterior. 
Comezamos sobre as 17,30h xa que hai que colocar todo o salón de actos ( retirar cadeiras, traer colchonetas....) para comezar o maratón á hora elixida. 
Facemos un coloquio entre cada película e sobre as 22h chegan as pizzas do +tk+ co noso amigo Rubén, que sempre nos agasalla cuns flocos de millo. GRAZAS, RUBÉN!
Así ata que van pasando as películas e as horas.... ata ás 7h. Hora fatídica, porque hai que levantar todo, recoller, varrer, volver ao polideportivo as colchonetas, colocar cadeiras e deixar o salón de actos como o encontramos, ducharnos, almorzar e estar dispost@s a volver ás clases. 
Agora deixámosvos con algunhas imaxes. 
Comezando a colocar
Acción!
Comentando a peli.
Unha  saborosa pausa
Recollendo
@s argalleir@s queremos agradecer a paciencia de Chelo e de todas as profesoras que a acompañaron  e nos acompañaron nestas noites de cine. Grazas Cristina, Carmen, Amara e Elena.
Tamén queremos agradecer á dirección do centro que nos axudara a seguir realizando esta actividade comprando  a licencia que fai falta para poder ver as pelis.







No hay comentarios: