martes, 12 de abril de 2016

El cuento de una rata mala

@s argalleir@s das letras acabamos de rematar a lectura de El cuento de una rata mala   de Bryan Talbot.




O cómic conta a historia dunha rapaza adolescente chamada Helen Potter que marcha da casa debido ao desprezo da súa nai cara a ela, e para afastarse dos abusos por parte do seu pai, o que lle causa repercusións negativas, xa que a partir dese momento para de confiar nos demais. Helen Potter lánzase á rúa sen un destino fixo, só querendo afastarse todo o que poida dos seus pais. A súa viaxe faina en compañía dunha rata á que lle transmite o seu cariño e coa cal se identifica ao sentirse sucia, mala, soa, desprezada. Durante o seu percorrido atopa todo tipo de persoas con diversos problemas e que prefiren vivir na rúa, onde ninguén lles di o que teñen que facer. Finalmente a rapaza acaba vivindo nunha pousada con outro matrimonio, intentando recuperar a confianza nos demais.
A historia busca denunciar os abusos de pais a fillas ou entre familiares así como outros problemas moi habituais na sociedade actual.
(Sentimos non poñer ningunha imaxe, pero todas tiñan dereitos.) 

Argalleira das letras, Leti

No hay comentarios: