viernes, 15 de abril de 2016

Teatro clásico en Ourense e outras cousas

O 13 de abril foi un día completo. Comezamos visitando a casa de Otero Pedrayo en Trasalba, pero aínda faltaba o mellor: as termas e  a representación da obra de teatro.


Primeiramente, despois de que os maiores visitaran a casa de Otero Pedrayo, saímos cara ás termas de Outariz. Unha vez alí, @s alumn@s de 3º da ESO, algúns e algunhas compañeir@s de 4º e as nenas de 2º de BAC decidimos  ir ás  que había que pagar, e os demais foron ás públicas. Nós, os de 3º -e todos en xeral-  só temos que dicir que quedamos moi contentos da nosa elección e que a volveriamos repetir sen ningunha dúbida.
Unha vez rematada a nosa experiencia nas termas, dirixímonos cara ao bus que nos levou ata o centro de Ourense. Unha vez no centro, as nosas profesoras leváronnos ata as Burgas e vimos a piscina termal (que estaba pechada). 



comprobando a temperatura da auga
Posteriormente fomos á Praza Maior, pasamos pola Catedral e chegamos ata á praza do Ferro, onde nos deixaron un tempo libre para poder comer e visitar un pouco máis a cidade. Os alumnos de 3º achegámonos ata varias tendas, onde algúns compramos prendas de roupa. Unha vez rematado o tempo acudimos puntualmente ata o punto onde Chelo nos mandou.
Dirixímonos cara ao auditorio municipal (que era impresionante) a ver a representación da comedia Los Menechmos de Plauto. Despois de esperar un ratiño entramos e sentamos nas nosas respectivas butacas á espera de que comezara a obra, mentres, os do auditorio puxeron "musicote".
As 17,20h comezaba a obra, tod@s pensabamos que ía ser moi aburrida e por riba “en latín”! Pero non, encantounos a tod@s e quedamos abraiad@s. Nunca na vida riramos tanto! Ao finalizar a obra, apaixonados, fomos  sacarnos unhas cantas fotos cos actores e actrices do Grupo Noite Bohemia da Coruña.

GRAZAS EFIGENIA!!!
Finalmente saímos do auditorio e dirixímonos ata o bus, que nos levaría de volta para casa. Paramos 20min en Chantada para estirar as pernas e ir ao baño, pero Andrea aproveitounos para demostrar  os seus dotes futbolísticos a uns nenos que había nunha praza. Deseguido subimos ao bus e dirixímonos cara Ás Pontes. Foi unha experiencia inesquecible!

No hay comentarios: