viernes, 15 de abril de 2016

O pazo de Trasalba

O día 13 de abril achegámonos ata a cidade de Ourense para aproveitala ao máximo.
Comezamos coa visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba.



Aquí van as palabras que escribiu Alba Requeijo ( en representación de tod@s) para a fundación Otero Pedrayo:
 Bos días!
Moitas grazas pola túa axuda na nosa visita ao Pazo de Trasalba,  a cal nos resultou  moi entretida, xa que estudaramos a Otero Pedrayo recentemente e estabamos interesados por coñecer un pouquiño máis deste escritor. Chamounos a atención a cantidade de libros que había naqueles estantes, o ben conservado que estaba o interior da casa, e por suposto, o seu tamaño. Tamén nos gustou moito a paisaxe que a arrodeaba, xa que inspiraba unha sensación de tranquilidade incrible. Pareceunos un fogar moi acolledor, o cal nos fixo recordar algunhas das pasadas clases de literatura nas que liamos fragmentos dalgunha das obras de Otero Pedrayo. Imaxinamos que manter un lugar tan grande en boas condicións non debe ser tarefa fácil, polo que vos animamos a continuar con tal difícil traballo. Todos os alumnos do IES Castro da Uz desexamos que este lugar tan marabilloso continúe admitindo visitas de alumnos coma nós.
Aquí che adxuntamos as fotos que sacamos e que nos pediches. Xa podes compartilas para que máis xente coñeza o Pazo de Trasalba e decida achegarse a el. 


Recibimento
na sala da casa
na galería deseñada por Castelao
nunha das bibliotecas
mirando o mapa de Fontán
curioseando as habitacións
observando a paisaxe
E paseamos entre as plantas e árbores do xardín.

No hay comentarios: