lunes, 13 de junio de 2016

Día do libro 2016 en Sevilla

Por fin chegara o 21 de abril, ese día tan desexado por tod@s @s argalleir@s das letras!
Marchamos para Sevilla, lugar elixido para celebrar o día do libro e a nosa actividade.
Para algúns argalleir@s era a primeira vez que viaxaban en avión, pero estaban tranquilos porque as nosas profes (Cristina, Efi e Chelo) tiñan todo "controlado"...



Visitamos a cidade, coñecemos a moitos sevillanos e a persoas doutras nacionalidades, aprendemos de diferentes culturas, soubemos afrontar as dificultades, facer colas, amosar a nosa preparación física subindo e baixando... En fin, que viñemos con moitas experiencias que nos fixeron ser máis maiores.
Tiñamos pensado realizar a lectura na Praza de España - no banco dedicado á Coruña-, pero a experiencia vivida o día anterior e a calor leváronnos a movernos un pouco e gozar das sombras que as árbores do Parque de María Luisa nos depararían.

Chegou o día 23 e tod@s @s argalleir@s estabamos puntuais para coller o autobús e dirixirnos ao lugar onde leriamos Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral, para logo elixir a palabra da nosa lectura e pensar no verso para seguir compoñendo o poema colectivo. Ía calor, pero nós suamos co noso esforzo.
Libro que lemos
Lendo, escribindo a palabra elixida e compoñendo o verso.
un momento da lectura co romeu que tan bos recordos nos trae.
viaxar en avión impediunos levar os nosos paneis.
argalleir@s satisfeit@s.
Este é o poema que realizamos entre todos e todas. Lédeo e pensade! Cada ano imos mellorando máis, non si?
A HORTA  DA VIDA

Árbore durmida
paxaros cansos
noite escura
horizontes descoñecidos
inverno eterno.
Anos depresivos.

Mazás brillantes e vermellas
ríos rápidos e caudalosos.
Dons máxicos
que evitaban os erros.

Raíces enclaustradas
na horta da vida.

Valente cabaleiro
conquistador de éxitos,
de amizade desinteresada
e de xornais escritos
con preciosa palabra.

Choraban as follas
e a fada velaba
para evitar as desgrazas
cos ollos abertos.

Mundo novo
regos transparentes
e un pai creador
de todo o vivo.

Con  agarimo
os artistas inventaban novas cores

encerrando o demo
entre as rexas do cárcere.

Froita saborosa,
doce lembranza
da que namorarse.
Medos vencidos
xuventude eterna
sentimento sincero.
Vila evocada
tolos recordos

esquecida vinganza.
Fillos da natureza
única resposta
para esta familia.

Segundo pensamento,
segunda vida:
graciosa oportunidade.

Bico inesperado e desexado
na canseira da vida.
Futuro inmediato:
a monxa enclaustrada
salta o valado
co magnolio luminoso e perfecto.
Argalleiros e argalleiras das letras
coa colaboración da convidada Candela González.
Día do libro, 23 de abril 2016 Sevilla
Ao volver continuamos coa actividade, porque sabemos que é o momento de máis traballo: pensar na ilustración e facela. Cantos e cantos recreos pintando!, pero o importante é que sempre conseguimos acabar o que comezamos e proba disto é o que ides ver. 
Uxía escribiu o poema e Adela axoudouna. 

Mario deseñou a ilustración: unha folla de magnolio perfecta.
Sabela e Sara pintaron.
Xoel e Alba continuaron.
Cristina, Noa, Sofía...

Cintia e Mario

Alba con Cintia

E moitos máis acadaron este resultado. 
Sevilla "ten unha cor especial", pero @s argalleir@s das letras intentamos poñerlle cor a todo o que facemos grazas ás lecturas e ao que compartimos. 
Se queredes saber como foi toda a viaxe podedes ler o artigo que realizamos para a revista Argalladas. 
Agora deixámosvos coa presentación que realizamos. 
A onde nos levarán as lecturas o ano que vén? Terémosvos informad@s.





No hay comentarios: