lunes, 13 de junio de 2016

Día do libro 2015 en Bilbao

O 21 de abril, ás 14,10h viñeron os nosos pais a traernos as maletas e a comida dese día, xa que en lugar de saír ás 8,30h tivemos que saír despois de clase. Comemos en 20 minutos e despois comezamos a nosa viaxe cara a Bilbao para coñecer a cidade e ler Silencio  de Fran Alonso no centro municipal de San Francisco, ao lado do Mercado de la Ribera e da Ponte de San Antón. Lugar que nos brindou amablemente o noso amigo Ángel Lorente. 


Antes de realizar a nosa actividade coñecemos a cidade e todos os lugares de interese. 
diante do Guggenhein

Na biblioteca Bidebarrieta
E outros lugares de interese que puidemos visitar grazas aos "argalleir@s" encargados de guiarnos pola cidade. (Se queredes ler o artigo completo podedes facelo na revista argalladas deste curso)
Chegou o día da nosa actividade e puxémonos a ler e a compoñer. Este foi o poema que compuxemos entre todos e todas. 
POR FIN!
Mirei  pola vella ventá,
a estrada estaba mollada,
as árbores perderan os seus fulares
e o tempo era frío.
Pensando no noso reencontro   
sentía zoar  o vento
e apetecíame cantar;
saír por fin do meu pozo escuro.
                         Á verde Galicia
                        Ao tempo de estudantes
                        Á amizade leal
                        Aos parques vivos.
Á AMIZADE                 
Á vida nocturna.
Desconfiado
entrei nese mundo. 
Era o derradeiro momento,
e aínda tiña tempo de volver
convivir cos meus pensamentos.
Unha nova sorpresa:
os sorrisos desapareceron
e morreu un galego. 
  
Os consellos do Papá espertáronme
como se fosen labaradas.

A inquedanza crecía por momentos,
toda ela me parecía estraña
escrita na miña alma.
Voz xorda,
carta sen nome
mar revolto
na miña cabeza descolocada.
Nos papeis que se esquecen    
sentín desacougo
ao ver que a calma regresaba.
Os pobres recordos
resultaban deliciosos para unha mente tan atormentada.
Xa non se escoitaba o fermoso zoar do vento.
Era un luxo o silencio.
Reencontreime alí,
saíndo do inferno
conseguindo, dunha vez, afastarme da ventá.

Argalleiros e argalleiras das letras, Bilbao 2015
Xa sabedes que a actividade non remata aí. Ao chegar ao instituto comezamos a idear a ilustración que mellor reflectise o tema do poema e este foi o resultado. Grazas Ariana e Cristina polo voso traballo e tempo dedicado durante tantos e tantos recreos. 
@s argalleir@s das letras xa estamos pensando na lectura e na saída para o seguinte curso ( sobre todo na saída). 
Deixámosvos coa presentación que realizamos coas palabras elixidas de Silencio. Esperamos que vos guste aínda que non poidades escoitar a música de fondo que seleccionamos. 


No hay comentarios: