COMPARTIMOS AS NOSAS LECTURAS

Moi boas a todos e a todas!
 Nesta entrada iremos deixando as lecturas que realizamos das obras que máis nos gustaron para que todas as persoas poidades gozar delas.
Comezamos con ánimo pero no camiño fomos dándonos conta de que é moi difícil ler para os mais. De todos os xeitos imos conseguindo o noso obxectivo: poñerlle voz a obras para achegárllelas ao maior número de persoas.
Se queredes axudarnos nesta tarefa sabedes que podedes enviarnos o voso arquivo para que o incorporemos a esta sección. 
Como dicimos @s argalleir@s das letras: " LER É UN PRACER, COMPARTILO COS DEMAIS UNHA AVENTURA!"
Que gocedes!
Son Sabela Rodríguez, curso 2ºESO e elixín Bolboretas de Xabier P. Docampo, ilustrado por Xosé Cobas.





Sara Basoa (2ºESO) elixín Fume de Antón Fortes e Joanna Concejo para compartir con vós.



Sabela Rodríguez e Jessica Leira compartimos con vós Rosa caramelo escrito por Adela Turín e ilustrado por Nella Bosnia.



Recomendámosvos a lectura  de O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro.  Seguro que non vos deixará indiferentes, igual que a audición dos relatos lidos por nós.

Pablo Martínez ( 4ºESO) le: " O neno can".



Silvia Balseiro (4ºESO) le: "O voo da aguia".



Leticia Carballeira le: " Perla Negra".



Leticia Carballeira le: " A voda de Leila"


Manuel Alén le: " Unha tarde de baile única"


Lois Pita, Antonio Fraguío, Borja López e Francisco Castro de 4ºESO poñen voz ao libro de Fran Alonso, Silencio. Agardamos que vos guste e vos deixe tan.... coma a nós.


Sergio Hermida (1ºESO) comparte con todos e todas a lectura de Caramelos Martín Codax. Texto de Xosé A. Neira Cruz e ilustracións de Francisco Bueno Capeáns.



Alejandro Fraga ( 1ºESO) comparte con todos e todas vós a lectura de Xograr de Cangas e asociados, publicada pola Xunta de Galicia para lembrar os autores homenaxeados o día das Letra Galegas no ano 1998.



Daniela Carballeira ( 1ºESO) déixavos coa lectura: Rumbo á illa de San Simón de Xosé Antonio Neira Cruz e ilustrada por Sergio Casas.


África Morales ( 1ºESO) comparte con vós a lectura de Sálvate Elías de Élisabeth Brami, ilustrada por Jeunet Bernard.


No hay comentarios: