domingo, 5 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro todo o centro lembrou a necesidade de pedir que no mundo reine a PAZ.
Aquí tedes o debuxo que fixo Paula (1ºESO)



O grupo de contacontos dos “Argalleir@s das letras” compartimos as nosas historias cos nenos e nenas do CEIP de Xermade. Nós intentamos transmitirlles a necesidade de vivir nun mundo no que reine a PAZ dun xeito divertido e facendo que eles e elas fosen os protagonistas das nosas historias.  Creo que o conseguimos porque Sheila, Cristina, Carla, Icía,  Borja, Aarón, Andrea M., Sara C. Álvaro, Sabela, Elvira e Sofía puxemos o mellor de nós, arrincámoslles sorrisos e viaxamos con eles e elas da man da fantasía. Fixádevos.
Ante un numeroso público comezamos
Álvaro arrincoulles sorrisos a tod@s @s nen@s e a nós.
Sheila ensinoulles a plantar a árbore da PAZ.
Borja e Andrea co seu conto.
Aarón argallando a súa historia.
Debuxando ilusións.

Non sei se o conseguimos pero podedes facervos unha idea: 

Conseguiriamos ilusionalo?


Cando rematamos a función, os nenos e nenas agasalláronnos cunha canción e nós fixemos de espectadores. Logo despedímonos e agradecémoslles que nos fixesen pasar uns momentos tan agradables. 



Mentres nós estabamos en Xermade, no centro seguían os nosos compañeiros e compañeiras lembrando este día. Cando chegamos vimos todo o instituto cheo de LUZ. Había post- it por todas as partes e carteis pegados nas paredes, portas.... 
Todo o centro cheo de post- it e todos e todas buscando por se había pistas para atopar a resposta. Así estivemos dous días ata que chegou a resposta con outros carteis. 



Grazas Soto por compartir con nós as túas ensinanzas. 
Pero non quedou aí todo o que fixemos este día. Radio Ras estaba emitindo nos recreos e os nosos compañeiros e compañeiras de 1ºESO leron os textos que realizaron para recordar este día e cantaron unha canción. 
Aquí tedes o texto de Carmela (1ESO) e logo deixámosvos coas súas voces. 

A PAZ
Por que estragala? Sendo o mundo e a vida tan bonitos, por que botalo a perder todo? E que acaso non sabemos falar?
Todo estaba tranquilo ata que a ambición acabou coa nosa paz.
Por iso eu quero un SI!
Un si á educación.
Un si á infancia feliz.
Un si a un bo futuro.

E tamén un NON!
Un non á guerra.
Un non ás bombas.
Un non aos desafiuzamentos.

Só así conseguiremos o mundo que quero: Un mundo sen guerra, nin bombas nin desafiuzamentos.

E agora podedes escoitar nas súas voces a canción " Canto por Siria".


Agora para pechar esta entrada deixámosvos con outro texto, desta vez a autora é unha compañeira de 4ºESO.
A PAZ é un estado de ben estar onde non hai enfrontamentos nin loitas.  Para conseguilo debemos comezar pola nosa PAZ interior, é dicir, sentirnos cómodos e satisfeitos cos nosos esforzos e logros diarios. As nosas satisfaccións fannos máis tolerantes á hora de relacionarnos cos demais. Se usamos o respecto e a tolerancia poderiamos  chegar a falar da PAZ mundial e evitariamos todas as loitas de poder que conducen a guerras, discriminacións por raza, condición social...
Debemos potenciar dende a infancia, pasando por todas as etapas da vida, a comprensión e o diálogo para saber afrontar calquera situación que leve a discusións.
En definitiva, a nosa propia felicidade teriamos que transmitírllela aos demais e crear xuntos un mundo de comprensión e ben estar social.

Silvia Balseiro, 4ºESO

QUE A PAZ MOVA OS VOSOS CORAZÓNS. 

No hay comentarios: