martes, 14 de febrero de 2017

QUERO COMPARTIR...

Se vos preguntamos por un día que lembredes do mes de febreiro, seguro que a maioría pensaría no día 14 ( día de San Valentín) , aínda que outros e outras  responderían o día 24 ou calquera outro día. Pero o que moitos e moitas de nós non sabiamos era que o día 2 de febreiro se celebra a festa da Candeloria. Comezamos a investigar e coñecemos que esta celebración está relacionada cos celtas. Esta cultura celebraba nesta data a chegada da luz, porque o día ía gañando á noite, significaba o espertar, o renacer dos campos que podían ir preparándose xa para sementar, os mariñeiros dispoñíanse para volver saír ao mar, os paxariños xuntábanse... En fin, que volvía a vida. Seica tiñan o costume de acender unhas candeas en cada casa para celebrar a chegada da LUZ, de aí o nome de Candeloria. Se queredes saber máis sobre esta celebración podedes seguir lendo aquí.  


Son moitos  os refráns que temos desta festa, aquí van dous:

"A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa"

" Cando a Candeloria chora,
medio inverno vai fóra;
que chore, que deixe de chorar,
a metade do inverno está por pasar".

Como queremos continuar transmitindo a maxia que encerra este mes quedamos coa mensaxe do primeiro refrán: Nunca te sentirás só ou soa se sabes COMPARTIR a túa vida cos mais.  
Comezamos a pensar no xeito de como agasallar a tod@s @s compañeir@s do centro e as persoas importantes na nosa vida. Chegou Montse e falounos dunha experiencia vivida por ela e lembrada con agarimo. A nós gustounos a idea.  Ela estaba disposta e nós desexosos e desexosas de comezar.
Montse empezou por ensinarnos como facer unha rosa con lambetadas ( Que ricas!). Foi explicándonos como había que ir leando as "lenguas" para conseguir a forma da rosa, como colocar as follas verdes e rematala. ( Grazas, Montse pola túa paciencia)
Foi guiándonos amodiño en todo o proceso e nós prestabamos toda a atención posible, porque logo seriamos nós os que as teriamos que facer.  
                                    As primeiras non saíron moi ben, pero agardade un pouquiño!
                                                          Que vos parece a nosa primeira rosa?
Era moito o traballo, pero compartir sempre trae beneficios. @s compañeir@s de 1º, 2º, 3º e algunhas compañeiras de 4ºESO estivemos na biblioteca durante os recreos facendo rosas, envolvéndoas para poder ter  este resultado.


Mentres traballabamos manualmente, Montse lembrábanos que estaría ben escribir unha tarxeta que acompañara á rosa que regalariamos. Borja e Uxía ( 3ºESO) comezaron a escribir todas as tarxetas con esta mensaxe:  PARA  (  persoa a quen ía dirixida) e QUERO COMPARTIR.... (texto que queriamos achegar)

Todo ía segundo o previsto, ou ao mellor non. Montse era a encargada das compras do material e fíxoo con total precisión e exactitude. O que pasa é que sempre faltaban lambetadas para facer máis rosas e tiña que volver de compras. Logo dalgunha conversa admitimos que entre rosa e rosa, algunha lambetada foi para a barriga.
Rematamos a primeira parte da actividade, pero seguiamos argallando e pensando. Logo destes momentos de reflexión decidimos debuxar corazóns para escribir neles unha palabra, un sentimento, un desexo, algo que lles lembrase aos nos@s amig@s  o importante que é sentirse acompañado e que non esquezan que sempre estaremos ao seu lado. Comezamos a debuxar, recortar, pensar palabras, escribilas e decidimos engadir a todo iso os nomes de tod@ @s  nos@s compañeir@s do centro.
Así quedou a entrada do centro:
Mañá agardamos entregar as rosas e as tarxetas coas mensaxes de amizade, solidariedade e cariño que deben movernos a todos e a todas.
Grazas Borja ( 3ºESO) polo teu traballo e "polo xenio". Grazas a to@s @s compañeir@s de IES Castro da Uz por compartir esta actividade e por pasalo tan ben. E grazas a  Montse, Mª José, Chelo, Elena e a tod@s os que nos axudastes a gozar deste mes.
Mañá toca entregar as rosas da AMIZADE despois duns días compartindo... 

No hay comentarios: