domingo, 12 de marzo de 2017

ESTIVEMOS CON CARLOS NEGRO

O pasado martes, os argalleiros e argalleiras das letras tivemos o pracer de ter connosco a CARLOS NEGRO, un dos poetas galegos actuais, ao cal sorprendemos cunha entrevista para radio RAS
Despois  de responder a todas as nosas preguntas, saber que a SORBEIRA era a súa árbore celta e lerlle como definían os celtas ás persoas que nacían baixo a protección desta árbore: 
"A  SENSIBILIDADE. Son persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables,  amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas compañeiras e non esquecen. A SÚA COR: GRIS CLARA". 


Comezou a explicar poemas das suas obras. Para facilitarnos a comprensión e facelo  máis divertido botou man a  recursos como bonecas para escenificar poemas de Penúltimas Tendencias ou facer un rap cun poema de Makinaria.



Tivemos un final moi doce, xa que nos definiu a poesía cun poema  do poeta vasco Kirmen Uribe, mentres nos deu a saborear unha onza de chocolate negro: “Un poema é unha onza de chocolate : pequeno, escuro e o máis bo do mundo”. 


 Gustounos moito porque nos explicou a poesía dunha maneira orixinal e divertida que fixo que estiveramos atentos todo o tempo.

Leticia Carballeira, Argalleira das letras. 


No hay comentarios: