miércoles, 31 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Este ano, o grupo de contacontos d@s argalleir@s das letras ( Alejandro, Xoel, Sara, Sabela, Icía, Carla, Cristina, Aarón, Xan, Sheila, Elvira, Sofía e Carmela) , compartimos as nosas historias cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo.


Ás 09:00h do día 30 de xaneiro comezamos a nosa aventura poñendo rumbo a Nadela ( Lugo)

Nadela recibiunos con frío, néboa e algún que outro desnortamento... Pero a nosa ilusión fixo que, nada máis ver o lugar onde iamos actuar, nos puxeramos mans á obra para preparar todo co obxectivo de facerlles pasar uns momentos agradables a  tantos e tantas nenos e nenas que nos ían escoitar. 

Nada máis chegar á biblio


Tivemos que facer dous pases: o primeiro para @s do segundo ciclo e o seguinte para os de primeiro, os máis pequerrechiños.
Sheila comezou presentando o noso espectáculo e xa se meteu @s espectador@s no peto

Comezamos a nosa sesión de contos, que este ano tiña novidades e que levaba a seguinte mensaxe: 
" A PAZ É UN TESOURO QUE AS PERSOAS INTELIXENTES E BOAS DEBEN PRESERVAR". 
Aarón ( narrador) e Xoel ( o rei) iniciaron a representación: 


Cris intentando... 
Sheila continuando
Sara dándoo todo
Que faría Carla?
Carla e as demais conselleiras recibindo as reprimendas do rei
Sabela explicando como hai que facer para...
de onde virían?
Continuou Icía cos seus "fueguitos" de luz, acompañada de Sofía e Elvira na música. 
Que fueguito sodes?
Logo tocoulle a Sabela, que fixo que moitos magos e magas traballasen a favor da PAZ: 
Sabela cos magos e magas da PAZ
Chegou o tempo do vento e do sol, ou o que é o mesmo de Cristina e Carla. Tiñan un duro traballo: facer que Aarón ( o velliño) se desprendese de... 
Cris tivo que pedir axuda para soprar...

Carla aloumiñando...

Onde estaría Aarón???
Quen gañaría, Cris ( o vento) ou Carla ( o sol)?

Chegou a hora do debutante, Alejandro Montero, que tiña a responsabilidade de representar un dos contos " estrela": a fochanca. PARABÉNS!, porque fixeches sorrir a todos e a todas.

Sara meteu a tod@s @s nen@s no seu contiño, xa que tod@s lle axudaron a plantar a súa árbore da PAZ
Sara iniciando a historia
Seguindo os pasos que Sara ía marcando
Sheila e Icía fixéronlles pensar a tod@s que antes de enfadarse hai que pensar moito se hai motivo para facelo. Todo isto co seu conto das " galletiñas"... 
Que paciencia ten Sheila !!! Que cara ten Icía...!

Estabamos no penúltimo conto. Xoel e tod@s @s argalleir@s tiñan que lembrarlles aos nenos e nenas que a ilusión é o que che fai tocar a felicidade e, por iso, hai que gardala coma a un tesouro. 
Que lle estaría ensinando Carla a Xoel? 
Quen é o que ten máis ilusión?
Ilusionando
Que lle diría Sofía a Xoel???
 Xan, acompañado de Carmela ao violín,  foi o encargado de facer que os nenos e nenas tomasen unha decisión importante... 
Elixes elefante?
Elixes búfalo?
Non imos desvelar a elección dos espectadores, pero gustaríanos que vos achegarades a esta historia e que vos atreverades a decidir. 

Grazas  a Elvira, Sofía e Carmela pola vosa música, porque nos axudades a facer realidade un dos nosos soños: unir voz e música.

Carmela co violín

Sofía e Elvira descansando nun dos contos. 
Pois ata aquí chegou o día da PAZ que compartimos este ano con estes pequerrechiños. ( Só poñemos a imaxe dun dos grupos, porque xa teredes máis novas deste día.)


Un ano máis, Elena e  Chelo acompañáronnos  nesta viaxe cargada de ilusión. 

Antes de despedirnos, queremos agradecer ao CEIP Manuel Mallo Mallo que nos brindase a oportunidade de compartir as nosas historias co seu alumnado. Dicirlles que teñen uns nenos e nenas que nos namoraron. 
Grazas por todo. 

RECOMENDACIÓN:  Pronto teredes á vosa disposición os vídeos dos nosos contos. Iso si que si.... 

E para rematar achegamos a foto que lembra o traballo que fixeron @s nos@s  compañeir@s, guiados por Soto, e que lembra o sentimento de PAZ que agochan os corazóns dos que quedaron no centro. 


Non esquezades que a PAZ é un TESOURO QUE AS PERSOAS INTELIXENTES E BOAS DEBEN PRESERVAR. 

No hay comentarios: