miércoles, 7 de febrero de 2018

FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS

O día 8 de febreiro foi un día branco, moi, moi branco e frío, pero @s argalleir@s soubemos darlle calor cos nosos risos e o noso traballo. 
Como sabedes, este mes vimos dedicándollo a compartir sentimentos e, por se algún destes estaba conxelado, decidimos arrincar motores: rosas, tarxetas, microrrelatos, elección da "PARELLA IDEAL DO CASTRO"...


Rosas: este ano as profes lembráronnos, mil veces, que as lambetadas eran para realizar as rosas, non para comelas!!! Algún caso fixemos, pero tivemos que parar o traballo porque non chegaron... 

Comezando o traballo das rosas
Compartindo varios traballos
Tarxetas:  Uxía é a responsable de que todos e todas cumprimenten os seguintes datos: PARA....  E,  QUERO COMPARTIR...,  nas tarxetas que distribuíron entre toda a comunidade educativa.
Escribindo as tarxetas
Sempre hai algún que axuda a facer o traballo máis levadeiro

Compartindo "varios" traballos
Que segredos agocharán esta caixa e esta coroa? Deixaranos facelo a XEFA?
Microrrelatos: como nos imos esquecer de escribir!!! Participamos no concurso "Lingua de namorar" , no que ningún dos nosos textos foi  premiado. Mira que escribimos relatos fermosos, pero OUTRA VEZ SERÁ! Parabéns @s gañador@s!
Como escribir escribimos tod@s, sen importar a idade, fixemos este concurso no centro para elixir o mellor microrrelato do IES CASTRO DA UZ. 

Así quedaron para a lectura do xurado. 
Rematamos por hoxe, pero á volta do entroido teredes máis noticias nosas. Entrega das rosas, premios dos micorrelatos e ... 

No hay comentarios: