miércoles, 28 de febrero de 2018

FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS II

Á volta do entroido retomamos as actividades que deixaramos pendentes. 
As rosas de lambetadas estaban feitas, as tarxetas entregadas para que cadaquén elixise o seu PARA e cumprimentase o seu QUERO COMPARTIR. Agora tocaba o traballo duro: colocar as tarxetas nas rosas e asegurarse de que ninguén quedase sen o agasallo que amosa o cariño que nos temos tod@s.



Unha pequena mostra do que tiñamos por facer
Organizando
Colocando tarxetas
Decidimos entregar o noso agasallo o venres no primeiro recreo, pero, como foron tantos, non chegou o tempo e tivemos que continuar repartíndoos na hora seguinte, clase por clase. Tod@s o entenderon porque así nolo dicía a cara de felicidade que poñían ao recibir a súa rosa. 
Preparad@s para continuar a entrega
Outra actividade que tiñamos en marcha era elixir a "Parella ideal" do noso centro. As votacións foron realizadas con toda a seriedade que require un acto electoral e ... 
Urna deseñada para depositar os votos
@s encargad@s de velar pola seriedade do proceso electoral
Depositando o voto
A PARELLA GAÑADORA FOI a formada pol@s nos@s compañeir@s:  VICENTE ( 4ºESO) E SILVIA (3ºESO).

Chegaba o momento de saber o gañador ou gañadora dos microrrelatos de "LINGUA DE NAMORAR".
Houbo que esperar ata o último día de febreiro para que o xurado, formado por: Mª José ( a nosa orientadora), Guillermo ( o noso profe de filosofía), Ana ( a profe de informática) e Servando ( profe de automoción)  dese o seu veredicto.
Compartimos o segredo que estivo agochado durante tanto tempo...
Comezamos tal e como o fixo o xurado, que hoxe estaba representado por Ana (condutora do acto), Mª José e Servando, ( Guillermo, o membro do xurado que non estaba presente por traballar de tarde, entregará mañá os premios xunto coa ANPA que se brindou a axudarnos a recoñecer a valía de todos e todas as persoas que participaron neste concurso. GRAZAS pola vosa colaboración.), entregando os premios deste xeito:
Ana, despois de inaugurar o acto e recibir algún que outro comentario..., deu paso aos relatos gañadores:
Que estaría falando un concursante cun membro do xurado??

3º PREMIO PARA: ALBA ROMERO ( 1ºESO)  Fíxollo saber, Mª José

Mª José lendo o nome da gañadora do 3º premio
Alba Romero ( 1ºESO) lendo o seu texto

Cun só movemento xa estás escoitando harmonía, unha paz interior que é moi difícil de explicar. Ese son sae dun instrumento chamado violonchelo. Un arco e catro cordas son o que fan ese son tan agradable e tan harmonioso. Ese son que enche de ledicia as persoas que o escoitan. É tan simple, que, ás veces, é difícil de entender.

ALBA ROMERO, 3º PREMIO 
Ana entregou o 2º premio, que foi para Alicia Cao ( 4º ESO).

Dando o veredicto do segundo premio
Alicia Cao recibindo a noticia e lendo o seu texto
2º PREMIO: ALICIA CAO

Un bico, unha aperta, botar de menos, querer de máis, parar o tempo ou que se nos pare, celos, paixón, amar, pelexar, mirar, sorrir, vicios, latexos fortes, amar, pensar, sentir, confiar, dor, nervios, ilusións, perdoar, querer, gustar, bágoas... Unha chea de palabras ás que só se lles pode asignar un sentimento.

E chegaba o momento decisivo. O PRIMEIRO PREMIO FOI PARA VICENTE IGLESIAS ( 4ºESO), deu a nova: o noso profe, Servando.
Servando dando a coñecer o 1º PREMIO
Este foi o relato gañador: 

Dende o meu primeiro alento
estivestes aí.
Bico tras bico, sorriso tras sorriso,
caricia tras caricia
coidándome,
agarimándome,
COMIGO.

Días de chuvia, de neve,
renunciando ao voso tempo
por min, só por ver un humilde sorriso
na miña cara.

Mediante un xesto  podería devolvérvolo todo:
o eterno recordo.
Por iso e por moito máis
Grazas! 

Aquí vemos o gañador cos membros do xurado 

Vicente Iglesias recibindo a nova
As profes da biblioteca e @s do EDLG lembráronnos agradecer a tod@s nós a participación neste concurso, PERO gustaríalles lembrar un microrrelato que sempre estará con tod@s el@s por ser unha fermosa lembranza da actividade. Gozando e sorrindo  co que facemos, aprenderemos e compartiremos.

As súas xélidas mans percorrían as miñas costas, bicábame, paseniño, uníndonos por unha mesma causa, a nosa paixón. Formando un só ser a partires de dous estabamos a consumar a nosa paixón. Ela non é coma o resto. Ela fala galego. 

Xan Paz

Hoxe Guillermo aproveitou o recreo para entregar os agasallos a tod@s @s participantes neste concurso e os premios @s gañador@s grazas á colaboración da ANPA.


Vicente entregando o vale a Alicia
Guillermo entregando o premio ao gañador, que estaba algo ocupado.
Se queredes  ver o vídeo que Carmela gravou do acto de entrega aquí vos vai:


Ata o ano que vén.

No hay comentarios: