martes, 8 de mayo de 2018

DÍA DO LIBRO, 2018 EN BARCELONA

Este curso @s argalleir@s das letras eliximos Barcelona como destino para realizar a actividade do Día do Libro, acompañad@s, nesta ocasión, de Anagnórise de Mª Victoria Moreno.
Saímos das Pontes ás 05h do día 20, xa que tiñamos que chegar ata Santiago para coller o avión que nos levaría ata Barcelona e aproveitar ao máximo o tempo que tiñamos na cidade. 
Nada máis aterrar dirixímonos en autobús ata o noso hostel, no que nos agardarían moitas sorpresas e aventuras ( coñecerédelas vendo a presentación do " outro día do libro" que estamos argallando). Unha vez aloxados nas nosas "cómodas e amplas" habitacións, e logo dun breve descanso, comezamos a pasear para coñecer toda a cidade. 
A primeira visita foi ao Parque Güell, onde Cris nos explicou as características deste lugar e nos falou do Modernismo e de Gaudí. 




Ao día seguinte decidimos coñecer o Barrio Gótico e outros lugares de interese. 
Diante da catedral, agardando entrar... 
Paseamos pola Praza Sant Jaume 

E achegámonos ata a casa Batlló e a casa Milà, onde Cris volveu explicarnos máis características desta arte. 

E continuamos camiño ata chegar á Sagrada Familia. 


O domingo comezamos o día con diferentes ritmos. @s que queriamos visitar un lugar importante, para nós, erguémonos máis cedo cós outr@s, que nos agardaron no hostel ata rematar a visita a...
Unha madridista e un culé. Para que digan que o deporte non une!

Finalizado o percorrido por todas estas instalacións reunímonos c@s outr@s argalleir@s e seguimos camiñando por Barcelona. Tocaban as Ramblas ( unha vez máis), a Barceloneta ( lugar que tiñamos decido para realizar a nosa lectura continuada, pero as circunstancias fixeron cambialo no último momento)...
Paseamos pola Boquería 

Chegamos ata a estatua de Colón


E gozamos dun día estupendo na praia ( aínda que non puidemos nin achegarnos á auga)
Ao longo do día decidimos cambiar o lugar elixido da lectura, xa que a distancia e as horas nas que tiñamos previstas realizala fixéronnos pensar nun lugar máis cómodo: O NOSO HOSTEL. 

Esta foi a viaxe  que gozamos e compartimos @s argalleir@s das letras e amosa o gusto por seguir aprendendo tod@s xunt@s. 
Chegaba o momento agardado por todos e todas: o inicio da lectura continuada de Anagnórise. Antes das 00h do día 23 de abril, xa tiñamos todo listo. Lectura distribuída, quendas de actuación, gravadoras listas, lugar preparado e solucionado o problema dos paneis ( desta vez teriamos que volver á nosa axenda e a nosa folla de papel para ir anotando palabra e verso). 
Comezamos




E desta lectura conseguimos compoñer o seguinte poema:

DESMONTANDO MITOLOXÍAS

Desesperados balbordos,
compañeiros dunha vida
ausente de medo
grazas ao son da música,
ao pouso dos pétalos da rosa,
ao sentir da natureza,
ao florecer das ideas,
ao goce na intimidade,
ao rebulir da feira
e ao bramar dos becerros.
Era demasiado maricallas
para rozar os seus beizos,
para beber experiencias,
para alcanzar un  soño,
para fundirnos nunha alma,
para querernos ben,
para apostar na derradeira partida
por seguir o camiño dos pais.
Farto de recibir
falsos sorrisos,
dos que cría irmáns,
que me afogaban entre bágoas
tecendo fermosos enganos,
implorei ao ceo
desmontando a mitoloxía da mentira,
que me guiaba polo camiño das estrelas
nunha travesía cara a un futuro  incerto.
O tempo mostroume
como gañar e bailar neste xogo,
como cumprir e alcanzar desexos,
como amar e vivir a muller,
como respirar e ser primavera,
como celebrar e gozar éxitos,
como superar e esquecer teimas
como desbotar pensamentos escuros,
como viaxar cara á plenitude
esnaquizando os vellos modais.
Facer arder os recordos,
erguerse violentamente, 
romper o silencio.
Nacer. Vivir.

argalleir@s das letras, Barcelona, 2018 ( palabras seleccionadas da lectura de Anagnórise, Mª Victoria Moreno)  

Agora só queda rematar a actividade no centro. Xa sabedes, pasar as palabras, poema e pensar na ilustración.
Para que poidades gozar de toda a nosa actividade, deixámosvos co vídeo que realizamos. 


Pero aínda quedaba vivir o Día do Libro en Barcelona. Conseguir un dos nosos obxectivos: poder falar con algún ou algunha escritor ou escritora d@s que elixiramos as dedicatorias dos seus libros na actividade que levamos a cabo este curso, Para ti. 
A alegría que Adela recibiu cando Paola Calasanz contestou ao seu correo e citouna na feira do libro... E outros ...
Paola asinándolle o libro, logo de concederlle a entrevista

Carmela agradecéndolle a súa colaboración no proxecto

Outros argalleiros ( Juan, Santi, Xavi, Xoel e Xan)  decidíronse por Blon 




Agora si que foi todo. Pronto teredes novas nosas para amosarvos a ilustración que aínda está en proxecto

No hay comentarios: