Como xa sabedes @s argalleir@s das letras decidimos achegarnos ata Barcelona para coñecer esta impresionante cidade e realizar a nosa actividade, que xa vos contaron. Pero nós queremos compartir a outra parte da viaxe, da que tamén aprendemos moito moito moito.
Dende o día 20 comezamos a vivir feitos estraños que nos acompañarían durante toda a estancia en Barcelona.
Nada máis chegar ao hostel, non tiñamos nin sabas, nin toallas, as literas facían moito ruído, a auga das duchas estaba fría e Cristina perdeu a súa toalla verde. Polas noites, Candela G. e Elena aburríanse e empezaron co xogo dos nomes, que consiste en ir dicindo nomes que comecen por C e acaben por A, recomendámolo. Despois Elena toleaba a Chelo dicíndolle que era do Real Madrid e que se "había que ir ao Camp Nou, íase". As noites foron entretidas, polo menos na nosa habitación, xogando ao UNO, grazas a Jimena que trouxera cartas.
Cando tocaba "pasear", " camiñar" seguiamos as instrucións do Google Maps, que nos indicaba o camiño e sempre faltaba "media hora". Nunca dabamos cruzado os semáforos tod@s á vez, e a norma de Chelo era: "Os de 1ºESO diante e os de 4ºESO detrás".
Áo rematar a lectura continuada de Anagnórise comezamos a vivir situacións moi estrañas...
( Se queredes saber como continúa a historia podedes ler o artigo ao completo que sairá na revista Argalladas)
Agora compartimos a presentación que xa vos aclarará moitas das cousas vividas no "outro" Día do libro por tod@s @s argalleir@s. Ben, algunhas, porque outras quedarán sempre con nós.
Candela, Victoria e Jimena, argalleiras de 1ºESO
Ata o próximo ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario