martes, 2 de febrero de 2021

ACTIVIDADES SEMANAIS PARA CONMEMORAR DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Ao longo da última semana de xaneiro o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, propuxo unha serie de actividades para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Coa colaboración e aportacións de membros de varios departamentos, o alumnado de ESO, FP Básica e Dual, elaborou orixinais grúas da Paz realizadas mediante papiroflexia


Con elas e co Muro da Paz onde o alumnado puido deixar o seu manifesto, decoramos o noso vestíbulo.







  

Historia grúas de origami como elemento conmemorativo do Día da Non Violencia

A grúa xaponesa, o símbolo da paz e da esperanza.

A carga espiritual que ten a figura da grúa fíxoa famosa en todo Oriente. En Asia crese que as aves son o vehículo da alma, e as grúas, por ser unha ave de grande tamaño vese como unha predición de felicidade e aquela que transporta a alma dos acabados de falecer ata o paraíso. Esta estilizada ave resalta pola súa elegancia e por posuír unha serie de connotacións que a levaron a ser unha parte substancial da cultura xaponesa.
A grúa xaponesa é unha ave singular, unha zancuda de pescozo longo, pico agudo, ás longas e unha plumaxe branca e negra que a destaca fronte a outras aves. Os seus gráciles movementos elegantes, a súa axilidade e a súa capacidade de reacción fronte ao perigo, foron fonte de inspiración nas artes marciais, na pintura, na literatura e na poesía.

A historia de orizuru. Una historia milenaria.

Sabedes que existe unha antiga lenda en Xapón, Senbazuru, que di que a calquera persoa que faga 1000 grúas de papel lle será concedido un desexo?

O orizuru (折鶴 ori- "pregado," tsuru "grúa"), ou grúa de papel, é un deseño considerado o máis clásico dos origami xaponeses. Representa unha grúa de Manchuria xaponesa, a cal ten un significado especial na cultura nipona. A miúdo utilízase como motivo de decoración en panos de mesa e manteis nos restaurantes. Un conxunto de mil orizuri enfiadas xuntas denomínase un senbazuru (千羽鶴), que significa "mil grúas".

As grúas considéranse un símbolo de paz e boa fortuna. A tradición remóntase á Era Heian (un período de aproximadamente 400 anos, cando a capital de Xapón se estableceu en Kioto). Co tempo, a xente comezou a dobrar grúas de papel e a regalalas como un xesto para expresar o seu desexo de felicidade e/ou boa sorte.

En Xapón, desde hai centos de anos a xente ten o costume de deixar un senbazuru como ofrenda nos templos budistas e sintoístas. Porén, este costume fíxose popular despois da Segunda Guerra Mundial, cando EEUU lanzou a bomba atómica sobre Hiroshima.

A bomba matou milleiros de inocentes e afectou a outros tantos cos efectos da radiación. Un das súas vítimas foi Sadako Sasaki, unha nena que tiña apenas 2 anos cando caeu a bomba atómica, e que aos 9, enfermou de leucemia por culpa da elevada radiación á que estivo exposta.

Durante o seu ingreso hospitalario, escoitou a lenda que dicía que, se unha persoa logra facer 1000 grúas de papel en origami, conseguiría unha longa vida ou podería recuperarse dunha grave enfermidade. Coa esperanza de que a lenda fose certa, Sadako empezou a facer grúas con todos os papeis que estivesen ao seu alcance. Pensou que o seu desexo non só sería para curarse, senón tamén para que todo o mundo puidese vivir en paz e non houbese máis guerras. Tristemente, só logrou fabricar 644 grúas antes de morrer. Pero Chizuko, a amiga que lle falara da lenda, e moitos outros chegaron a facer as 1000 grúas, que desta forma, se converteron nun símbolo da paz en todo o mundo.

Sadako converteuse nun símbolo da esperanza e tres anos despois da súa morte ergueuse un monumento no Parque da Paz de Hiroshima de Sadako sostendo sobre a súa cabeza unha gran grúa de origami. Cada ano a xente deixa milleiros de grúas de papel como unha mensaxe de paz e esperanza para o mundo.






No hay comentarios: