miércoles, 10 de marzo de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER -8M

A conmemoración do Día da muller levounos á realización de diferentes actividades ao longo de toda a semana na que quixemos recordar e contribuir á loita das mulleres pola Igualdade: 

PROXECTO CREATIVO FP BÁSICA DE INFORMÁTICA: 

O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina, vén de desenvolver un innovador proxecto, no que mestura arte, investigación e multimedia, todo iso aderezado coa sensibilidade das nosas e dos nosos artistas.



O resultado son estas espectaculares obras, nas que retrataron e pintaron catro persoas escollidas en votación polo alumnado e que representan ámbitos moi diferentes, que por suposto, están protexidas con máscaras imprescindibles en tempos de pandemia.

As elixidas foron catro mulleres: Rosalía de Castro, Malala, Frida Kahlo e A rapaza da Perla.





Cada cadro conta cun código QR que permite acceder a un vídeo explicativo do proceso creativo, así como información sobre a persoa retratada.

Na seguinte ligazón podedes comprobrar o proceso de realización destas fermosas obras resumido nun divertido vídeo.





Na seguinte ligazón podedes ver o noso alumnado de FP Básica de Informática na TVG. Cóntannos de novo o seu proxecto innovador que mestura arte, investigación e multimedia co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller. Bo traballo!!! (O reportaxe comeza no minuto 18:07).


ESO: AS MULLERES QUE ADMIRAMOS 

A profe de Plástica, Beatriz Caamaño, propuxo ao alumnado unha fermosa actividade que consistiu en escoller unha muller á que admirasen (nais, avoas, amigas, irmás, actrices, doutoras, etc..) e xunto coa súa foto indicar por que a admiraban. Na aula usaron varias técnicas como por exemplo o collage para darlle un toque máis artístico e o resultado foi fantástico!!



                                                                              


                                                                                                               
Contamos cunha bonita homenaxe a todas esas grandes mulleres que nos rodean e podemos ver estas orixinais obras enmarcadas nos corredores do noso centro.





No hay comentarios: