lunes, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021- MONDOÑEDO

Este ano a celebración do Día do Libro para os argalleir@s das letras foi case unha incógnita ata a última semana... 

Poderíamos realizar a nosa tradicional saída que estábamos a celebrar anos anteriores? As circunstancias nos obligarían a quedar no centro por motivos sanitarios?

Non nos importaba o lugar, tan só queríamos gozar compartindo e mergullándonos todos xuntos nas nosas lecturas.

Finalmente decidimos viaxar un día a MONDOÑEDO e realizar a RUTA DE ÁLVARO CUNQUEIRO. Nesta ocasión o libro elexido para realizar a lectura continuada foi Xente de aquí e de Acolá de Álvaro Cunqueiro.


                                                                                                            
                                                                       


Nada mais chegar, comezamos coas lecturas.


                                                                                        
Mentres parte dos argalleir@s ían lendo, outros entraban ao Museo da Imprenta (sempre agrupados por cursos).



Continuamos a ruta coa visita á Catedral, onde nos esperaba Manuel Escariz, párroco da zona e organista da Catedral, para ensinarnos os segredos deste fermoso lugar, e ofrecernos un pequeno concerto de órgano.





Tivemos a sorte de coincidir ademais co Valentín Insua, Campaneiro da catedral co que gozamos dunha fermosísima visita,  descubrimos moitos detalles tanto da catedral como da cidade e que nos explicou tamén unha profesión case desaparecida, a de campaneiro.

 

 


Continuamos coa visita a Mondoñedo e, tras un pequeno descanso para o almorzo, retomamos as lecturas. Esta vez realizámolas no Auditorio que nos prestaron amablemente, para resgardarnos da choiva.



Faltaban dúas cousas moi interesantes por facer, ou igual tres...

Non podiamos esquecer a visita á Casa Museo de Álvaro Cunqueiro

 

Xa para rematar a xornada, tivemos o pracer de percorrer a ruta literaria de Álvaro Cunqueiro, visitando espazos como a Fonte Vella, a Ponte do Pasatempo, o barrio dos Muiños...

 
 

  

Non podemos esquecer que ademais destes fermosos recordos visuais e auditivos, levamos tamén algún agasallo gastronómico para as nosas casas, tarta de Mondoñedo, empanadas,...

Foi unha viaxe BEN FERMOSA!!!



Agora queda moito traballo que facer. Como recordaredes cada persoa escolle una palabra do texto que leu. Con todas elas elaboraremos un poema e deseñaremos un dibuxo acorde.

Cando teñamos rematado a nosa obra de arte, prometemos enseñárvola.





No hay comentarios: