Despois de tantos anos na ubicación actual, chegou o momento da mudanza.
Atopamos un espazo máis amplo e axeitado para os nosos libros e para as nosas xuntanzas, o antiguo ximnasio, que este ano de pandemia foi utilizado como aula polo alumnado de 4º de ESO.
Estamos a traballar moi duro, posto que é preciso meter todo o material bibliográfico en caixas perfectamente identificadas e ordenadas, trasladalas ata a aula de música, onde permanecerán ata que rematen as novas estanterías e poidamos colocar de novo todo e por fin estrear o noso novo espazo.
Mirade canto traballamos...
O traslado ten o seu aquel...
Hay momentos para as risas...
E tamén para a melancolía, ao ver como desaparece o noso espazo...
Seguiremos informándovos da evolución deste gran proxecto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario