O pasado 18 de xuño, o alumnado de 4º de ESO do Club de Lectura Argalleiros e argalleiras das Letras, tivo a oportunidade de entrevistar ao seu profesor de Lingua Castelá, Juan Iglesias.
Xa estamos tan acostumados á comunicación a través de videoconferencia, que escollemos este medio para realizar a entrevista, posto que Juan Iglesias se atopaba de baixa médica nese momento.
Había moito interese en preparar as preguntas, posto que nos interesaban aspectos moi diversos do entrevistado, especialmente despois de ler un dos seus libros "El sueño de la araña", que sitúa a acción na cidade da Coruña, recuperando aspectos da presenza nazi na mesma.
Tan só nos queda compartir con vós o vídeo realizado.
Moitas grazas Juan!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario