lunes, 6 de abril de 2026

Días da Paz🕊☮, a Ilustración🖉, Día de Castelao e da Lingua Materna

O mes de xaneiro chegou cunha chea de conmemoracións que celebrar no IES: 

  • O día da Paz
  • O día da Ilustración 
  • O día de Castelao 
  • O día da lingua materna
Desde o Equipo de Biblioteca propúxose unha actividade para recoller todas estas efemérides nun único proxecto: a creación de carteis ilustrados arredor de inxustizas sociais actuais, en galego, ao xeito das Cousas de Castelao. Así pois, lanzouse un certame de creación ao que tamén se sumou o EDLG do centro que, logo de ver as creacións do alumnado, decidiu outorgar dous accésit pola defensa da lingua propia. Todos os carteis foron expostos na biblioteca para achegarllos á comunidade educativa do IES. Finalmente, o xurado seleccionou os seguintes finalistas, agasallados con diplomas, vales para a cafetería e unhas chapas creadas no Polo Creativo co logo do centro, o da paz e a silueta de Castelao: 

    • 1º premio: Lara Ameneiro Estrada, 1º ESO
    • 2º premio: Erea Caaveiro Otero, 3º ESO
    • 3º premio: Sergio Franco Otero, 3º ESO 

ACCÉSITS EDLG: Emma Vargas Fernández (1º ESO) e Irea Murado Ferreiro (3º ESO). 

Parabéns a todos e grazas por participar! 



No hay comentarios: