lunes, 6 de abril de 2026

Entroidando! 🎉🎭

O mes de febreiro arrincou no IES cos preparativos para a celebración do Entroido. Así pois, a biblioteca colaborou co EDLG na celebración dos mandados do Meco, unha actividade que recolle unha tradición da nosa cultura. O rol da biblioteca foi servir de espazo de xuntanza para a comunidade que se uniu aos mandados cada día, polo que decoramos algunhas das nosas zonas creando un photocall de Entroido e, aproveitando a ocasión, un máis cativo para o día dos namorados. Do mesmo xeito, o alumnado volcouse nas actividades preparando elementos para o photocall. Aquí queda unha mostra destes días de celebración! 










De igual forma, aproveitamos o festival de Entroido para entregar os premios dos carteis pola paz ao estilo de Castelao ao alumnado galardoado!: 




No hay comentarios: