lunes, 6 de abril de 2026

Proxectos de lectura 1º ESO 🕮✈

Neste segundo trimestre, pechamos as actividades de biblioteca cunha exposición sobre a lectura de E Xoel aprendeu a voar, de Marica Campo, realizada polo alumnado de 1º ESO. A rapazada achegouse a esta obra e puido, a través dela, reflexionar sobre o uso excesivo dos videoxogos e como isto nos afecta persoal e socialmente. Poñéndose na pel do protagonista, Xoel, explicaron a súa evolución ao longo da historia e detectaron perigos da adicción aos videoxogos. Para isto, crearon cadansúa maleta da viaxe, explicando que se trata dunha metáfora arredor do crecemento persoal e a capacidade de cambio cara a un ambiente máis saudable e humano. Ademais de comprender ben o sentido da obra e o seu obxectivo no lectorado, elaboraron uns traballos de alto nivel, dignos de ser expostos para toda a comunidade educativa! 

Parabéns e grazas polo voso traballo! A seguir voando da man! 🚀















   


No hay comentarios: