lunes, 6 de abril de 2026

Semana da prensa 📪

Xa no mes de marzo, celebramos a semana da prensa no IES. O equipo de biblioteca encargouse de proporcionar ao alumnado unha serie de xornais variados, de proximidade pero tamén nacionais, e de habilitar unha sección no noso espazo para a súa lectura. O alumnado achegouse a eles máis do agardado, de xeito que se decidiu achegar prensa á biblitoeca todos os mércores, coincidindo coa recepción dos exemplares do programa Prensa Escola da Voz de Galicia. 

Xa sabes, achégate todos os mércores para poñerte ao día da actualidade! 




No hay comentarios: