Na tarde do xoves, 26 de febreiro, e ata a mañá do venres, 27, os e as Argallantes das letras desfrutamos da XII edición da xa tradicional noite do cine do IES. Esta actividade de máis de 12 horas de proxeccións cinematográficas e convivencia grupal serviunos de punto de unión e confraternización para compartirmos experiencias e reflexións antes da próxima viaxe do club de lectura🚌🌏. O alumnado desfrutou dunha noite moi argardada e volveu ás aulas o venres cun chisco de sono pero con moitos recordos para gardar e pensando xa na seguinte maratón!
O Equipo de Biblioteca e de Club de Lectura quere tamén agradecer ao profesorado acompañante a súa colaboración e axuda para facer posible estas actividades que tanto atraen ao noso alumnado ano tras ano! Sen vós non sería posible!
No hay comentarios:
Publicar un comentario