sábado, 5 de julio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025


Damos por rematada a conmemoración das Letras Galegas 2025 que homenaxearon ás cantareiras. Nela, tivemos varias actividades que recordaron a súa inestimable contribución ás nosas letras, cantares e tradición: 

  • Obradoiros onde partimos da explicación e achegamento á figura das cantareiras para vinculalas ca máis moderna preservación na voz de cancións de Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra. Comparamos ritmos, rimas, temáticas... e descubrimos que o tesouro da tradición segue a verse nos festivais e listas de reprodución máis actuais. 
                                 

  • Xogamos coa 3D de Polos Creativos para elaborar esta pandeireta representativa das Letras Galegas 2025. 








  • Tivemos outro obradoiro, impartido por Nuria Vil, que nos axudou a seguir afondando na poesía da forma máis creativa, levándoa á oralidade. Con ela, limos antigas de aviso, picantes e de foliada, pero logo tivemos que crear as nosas propias cuns pequenos truquiños que nos deu. 





  • O alumnado de 4ºESO de Expresión Artística tamén quixo colaborar, poñendo todo o seu empeño nese símbolo da pandeireta. Adornadas e con cores e coplas, algunhas ata se daban xeito para seren tocadas! 






E con todo isto... 

Vou a dala despedida 
como a dan os labradores 
adiós caravel e rosa 
adiós ramiño de flores!



VIAXE DE CLUB DE LECTURA 2025: SEVILLA

 

Sevilla ten unha cor aínda máis especial desde que estes 39 argallantes a percorren. Deixámosvos aquí un repaso do noso itinerario e viaxe de 4 días: 



DÍA 1: 

A mañá recibiunos en Sevilla para empaparnos da súa cultura, arte, literatura e xentes por uns días. Da conta dos nosos guías, Javi e Laura, fixemos un tour literario que nos levou por aqueles rincóns máis especiais de Sevilla en relación coas súas letras. Partindo da vibrante e colorida Plaza de España, achegámonos a autores como Bécquer, Cervantes con Rinconete y Cortadillo, pasando tamén por Don Juan Tenorio, de Zorilla; ou a poesía de Luis Cernuda. Ademais, visitamos o emblemático barrio de Santa Cruz, o Archivo de Indias e prazas que foron antigos patios de corrais. Atopamos momentos para refrescarnos e resgardarnos desta calor á que tan pouco afeitos estamos. Logo, rematamos o día cun relaxante paseo en barco polo Guadalquivir, para poder apreciar Sevilla desde o seu principal eixo. 


                  








DÍA 2: 
O día do apagón pillounos en Sevilla con toda normalidade, facendo a visita ao Real Alcázar. Quedamos impresionados con toda a beleza dos seus palacios e xardíns. Ao aír, atopamos a Catedral pechada por mor do apagón e non puidemos proceder coa visita. Aínda así, improvisamos unha comida picnic de bocatas e seguimos coa nosa visita da tarde polo barrio de Triana. Entramos pola famosísima ponte de Triana e percorremos as súas rúas pola beira do Guadalquivir. 

O noso seguinte punto foi un Escape Room que puidemos facer divididos en grupos porque, pese ao apagón, o propio xogo xa se desenvolvía a escuras e non nos afectou ao seu desenvolvemento. Como non pode ser doutra forma, dos plans improvisados a veces saen experiencias moi bonitas, xa que isto nos permitiu achegarnos a ver os exteriores do estadio do Sevilla FC: o Sánchez Pizjuán. Tras 20km e unhas pizzas, volvimos ao albergue exhaustos. A desansar e continuar coa viaxe o seguinte día. 

Tanto alumnado como as docentes agradecemos todo o apoio recibido durante o apagón por parte das familias e dos compañeiros. Transmitirlles aos argallantes tranquilidade, calma e seguridade foi a nosa prioridade en todo momento. Estamos ben e desfrutando moito a experiencia. 


                 











DÍA 3: 
No noso terceiro día de viaxe visitamos Córdoba, onde percorremos o seu imponente Puente Romano presidido pola Torre de Calahorra. Demos un paseo polas rúas do casco histórico, que xa se estaba preparando para a súa festa de Patios da semana seguinte: flores, macetas e cor seguíannos a cada paso. Fixemo un alto no camiño para aproveitar os nosos momentos de lectura, co comezo da novela de Juan Gómez Juardo, La leyenda del ladrón, ambientada en Sevilla. Pola tarde, visitamos a Mezquita/Catedral de Córdoba e quedamos abraiados coa súa singulariedade e beleza. De volta en Sevilla, aproveitamos para pasarnos polo estadio Benito Villamarín, casa do Real Betis Balompié. Unha xornada inmellorable! 





















DÍA 4
Chegamos ao noso último día de viaxe podendo experimentar a chuvia en Sevilla que, como ben din, "é unha marabilla". Fixemos de novo unha parada en Plaza de España para percorrela con máis calma e pola nosa conta. Logo, achegámonos á catedral, que non puidemos visitar o segundo día por mor do apagamento. Conseguimos acceder á visita! Tras 34 rampas e 17 escalóns, chegamos ao alto da Giralda e vivimos alí o toque das campás, ás 12 en punto. Rematamos coa visita a catedral e dispuxemos de tempo libre para comer e rematar de mercar souvenirs. Logo, iniciamos o camiño de volta coa intención de parar no monumento a Bécquer para lermos a súa lenda "Maese Pérez el Organista". A chuvia fíxonos cambiar de plans e rematamos lendo nunhas escaleiras da Porta de Navarra, en Plaza de España. 

E así chegamos á fin do noso periplo, con moitísimo aprendido e con moitas ganas de volver a vivir estas experiencias co resto de argallantes! 

           










NOVIDADES MARZO

 Novidades biblio deste mes de marzo! 

- O impresionante cómic Rosalía Oculta, cunhas ilustracións e historia magníficas 

- O premio nacional de cómic 2024, El cuerpo de Cristo 

- Novidades en narrativa galega: A sombra do graffiti e Asasinato na Casa Rosa

- O xogo Literatour

- Señoras que se empotraron hace mucho, un magnífico libro feminista que nos fala de mulleres olvidadas na historia. 

- Narrativa xuvenil de amor: Nuestro lugar en el mundo. 

Achegádevos a descubrilos! 

                                                        

8M: DÍA DA MULLER

 A nosa biblio volve vestirse de violeta para conmemorar este 8M, Dia Internacional da Muller. 

Agardámosvos cunha exposición con distintos puntos violeta de mulleres que loitaron e loitan polos dereitos da muller, recomendacións de libros, biografías de mulleres importantes ao longo da historia, música e cancións con mensaxe feminista, documentais, serie, películas e moito máis! 

Por un mundo máis xusto e, por fin, igualitario! Por un mundo feminista!