Nestes días celebramos no noso centro o Obradoiro “MÚSICA E IGUALDADE” levado a cabo polo grupo musical “LAS ANTONIAS”
Estivo dirixido ao alumnado de ESO, FPB e CICLOS e tiña como obxectivo reflexionar sobre o machismo inmerso nas letras das cancións ao longo da historia.
O obradoiro tivo lugar ao longo de tres sesións.
O primeiro día, estudiamos algunhas letras de cancións de diferentes épocas.
Na segunda xornada, elaboramos estrofas dunha canción por grupos con temáticas diversas e sempre respectuosas.
Por último, chegou o día do gran concerto, no que puidemos gozar con Las Antonias, tanto coas súas cancións como coas nosas creacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario