viernes, 20 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2022- FLORENCIO DELGADO GUARRIARÁN

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Natalia Vega e María Alvariño, propúxose unha fermosa actividade que involucrou a toda a Comunidade Educativa. Unha actividade baseada nos poemas de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, que consistía en ler detidamente cada un dos poemas adxudicados ao alumnado e transformalos en imaxes, nunhas fotografías persoais, como son os textos de Florencio. O que pretendíamos con esta actividade é que deixasemos fluír a imaxinación e que a inspiración fora un motivo de perder o tempo.

Unha vez realizadas as fotos, que podían ser en branco e negro ou en cor pero sempre INÉDITAS e ORIXINAIS, debíamos inserir nelas algunha palabra ou algúns versos do texto que lles correspondía.

Á continuación subíronse as fotografías á aula virtual de Dinamización Lingüística.  Entre todas as fotografías enviadas seleccionaronse as mellores

Os gañadores deste concurso-exposición foron os seguintes:

1º CICLO ESO:

        1º Premio: Aroa Carballeira- 2º ESO

        2º Premio: Rita García - 2º ESO

        3º Premio: Candela Hermida - 2º ESO


2º CICLO ESO:

1º Premio: Laura Vispalia - 3º ESO       

2º Premio: María Fahym- 4º ESO 

            3º Premio: Alejandro Ledo- 3º ESO 

                                      




No hay comentarios: