sábado, 29 de octubre de 2022

FALADOIRO COA ESCRITORA MARILAR ALEIXANDER

Empezamos o curso co gran privilexio de ter no IES Plurilingüe Castro da Uz a prezada escritora MARILAR ALEIXANDRE que vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa de 2022 pola súa obra As malas mulleres. Deleitounos cun interesante faladoiro, enchendo a biblioteca do noso centro de cultura e emoción. Grazas á entrañable conversa que mantivo co noso alumnado puidemos descubrir os segredos que agochan as novelas A banda sen futuro e A filla do Minotauro, lecturas que forman parte da programación de Lingua Galega para este curso.

Grazas Marilar por compartir con nós, as túas experiencias dende o corazón!.






Rematamos cun pequeno vídeo resumo da entrevista que  fixeron os e as nosas argallantes a MARILAR ALEIXANDRE 


 


No hay comentarios: