martes, 29 de noviembre de 2022

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO- 25N

    

No marco das actividades do 25 N, varios grupos do noso centro gozaron coa exposición de cadros Cartas de Amor que o Concello das Pontes depositou no IES Moncho Valcarce para ser visitada por toda a comunidade educativa da contorna.

A exposición é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala o Javier Olivares. e pretende sensibilizar á xuventude sobre a existencia de violencia nas súas formas de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.

Con Cartas de Amor, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, toda vez que, nos últimos anos, se detectan moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.


A orixe da mostra partiu da propuesta de su comisaria, Gemma Sesar, a varios debuxantes galegos e nacionais para plasmar nunha imaxe situaciós o momentos que consideraran como violentos entre adolescentes, co obxectivo de poñer de manifiesto a necesidade de cambiar esas actitudes por outras  nas que prime o respecto á parella.


Por outra banda, o noso alumando,  asistiu no Auditorio Cine Alovi das Pontes á obra de teatro AMANTIS- Selfies, sexting e outras formas de amar(se) da compañía REBORDELOS e proposta pola concellería de cultura do Concello das Pontes.

É unha comedia dramática que aborda en tono de humor as temáticas da Igualdade, Masculinidades, Adolescencia, Nativ@s dixitais, Brecha xeracional, Identidade…..

AMANTIS conta a historia dun rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A obra de teatro achegounos á adolescencia da chamada Xeración Z de forma entretida e próxima, procurando a identificación co personaxe protagonista e afondando máis alá do que vemos nunha primeira ollada ao asomarnos á realidade adolescente.


No hay comentarios: