viernes, 31 de marzo de 2023

X MARATÓN DE CINE

Noite de Cine 2023

O pasado 30 de Marzo o alumnado do club de lectura “Argallantes das letras do IES Plurilingüe Castro da Uz, gozou por fin da esperada actividade da noite de cine da que a pandemia nos privou estes anos. Distribuíronse entre a biblioteca e o salón de actos para compartir a exposición de diversas películas.



A idea era estar alí ás 18:30h pero algúns dos rapaces e rapazas do noso club, como mostra da súa solidariedade, axudaron a colocar as colchonetas e prepararon os espazos para poder comezar canto antes esa marabillosa noite.

 
           

A primeira película que vimos foi “Las Nadadoras”, ambientada na guerra de Siria e cunha heroica viaxe de dúas irmás. Con esta película aprendemos moito sobre os diversos impactos que poden causar as guerras.

Ao rematar a primeira proxección, e famentos como estabamos, botámoslle o dente ás deliciosas e quentiñas pizzas.

 

Xa con enerxía, os alumnado decidiu crear unha pista de baile na entrada do instituto. Bailamos todo tipo de cancións e de música grazas ao xogo do Just Dance.

 

Cando cansaron de bailar, retomamos as películas. Comezamos ver “Perfectos Desconocidos”, onde un comprobamos os perigos que esconde unha cea dun grupo de amigos e amigas, casados e solteiros, que esconden secretos inconfesables. Desta película aprendimos que todos temos segredos, algúns inconfesables e outros que fan moito dano a quen queremos. Consecuencias das mentiras e segredos...

Rematada esta proxección, a alumnado aínda desperto comezou a espertar aos compis que quedaran durmidos. A seguinte foi “Billy Eliot” que conta a enternecedora historia dun neno que tivo que loitar contra os esteriotipos e os prexuizos do seu pobo, para poder facer o que a él máis lle gustaba, bailar ballet.

O último que vimos foi o capítulo 1 da terceira tempada da serie “Black Mirror”, que nos recordou enormemente a invasión das redes sociais que vivimos na actualidade invitándonos a que tomemos consciencia do perigosas e irreais que poden chegar a ser.

Despois de toda a noite, chegou a hora de recoller ambos espazos e deixalo todo impoluto como antes de comezar. Isto é: as colchonetas ao pavillón, as basoiras para recoller toda a comida que quedou polo chan, as cadeiras de novo a súa posición inicial,…

Xa con todo recollido tivemos a sorte de poder gozar dun delicioso almorzo realizado polas nosas profes, e que nos administrou un chisco de enerxía para afrontar todo o que nos quedaba de día.



Uxía e Rita. 3º de ESO

No hay comentarios: