viernes, 4 de diciembre de 2009

Club de lectura. Shaun Tan: Emigrantes


Hoxe 4 de decembro, no 2º período de lecer, comezamos a nosa andaina no club de lectura. Encontrámonos na biblioteca cunha proposta moi interesante, Emigrantes de Shaun Tan, unha novela gráfica. Entre todos comezamos a construír a nosa propia historia...

Invitámosvos a que veñades á nosa biblioteca o próximo mércores no 1º recreo, dende ese día seguiremos a reunirnos periodicamente.

Contamos con vós!







DATOS DO AUTOR
Shaun Tan naceu en 1974 e creceu nos arrabaldes do norte de Perth, Australia Occidental. Na escola fíxose coñecido como “o caixón de bo”. Graduouse na Universidade de Washington en 1995 con honores en Bellas Artes e Literatura inglesa. Actualmente traballa como artista independente e autor en Melbourne.
Comezou a debuxar e pintar imaxes de ciencia ficción e historias de terror en revistas de prensa cando era adolescente, e despois comezou a tratar temas sociais, políticos e históricos con imaxes surrealistas.
Obras: Los conejos, El árbol rojo, La llegada, Cuentos de la periferia, La cosa perdida, Emigrantes.
EMIGRANTES
¿Que é o que leva a tanta xente a deixalo todo atrás para viaxar cara a un país descoñecido, un lugar no que non teñen familia nin amigos, onde nada ten nome e o futuro é unha incógnita?

O libro que ides ler é unha homenaxe a todas as persoas que fixeron esa viaxe.

PARA TER EN CONTA:- Emigrantes é unha novela gráfica. ¿Como definirías este xénero literario?
- Investiga e achega outras novelas gráficas que coñezas.
- ¿Incluirías este libro no xénero de cómic? ¿Por que?
- O libro conta a historia dun emigrante. Investiga sobre a emigración en Galicia e achega algunha obra que trate este tema.
- ¿Coñeces algunha película que trate este tema? Investiga e achega algúns títulos que che gustaría ter na túa biblioteca.
- ¿Que banda sonora lle porías a este libro?
- O libro podemos dividilo en seis partes, entre todos iremos identificándoas.
AGORA IMOS COMEZAR A GOZAR DA LECTURA SEN PALABRAS!

3 comentarios:

rascacheiro dijo...

Alégrome moito de que leades esta BD tan chula. Sen ningunha palabra veremos o sufrimento dos que teñen que marchar da súa casa a un lugar descoñecido, estraño e no que non hai amigos nin familia; vemos tamén o abandono dos que quedan (as viudas dos vivos, que nos dicía Rosalía, ¿lembrades?) e tamén o feliz reencontro final no que, SEN EMBARGO... TODO volve recomezar. Espero que vos guste tanto como a min.
Un bico dende Cabanas

jacobo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
jacobo dijo...

Tiven un fallo por iso o volvo escribir.

Un libro no que o autor che da a oportunidade de inventar a tu propia historia a partires das viñetas.Tamén e unha forma de coñecer polo que pasaron unha gran cantidade de persoas de todos os países.Vese como o protagonista ten que deixar todo atrás para ir a un lugar descoñecido co fin de sacar a súa familia cara a diante.Pasan anos sen ver a súa familia eu deime conta disto cando no medio do libro había duas paxinas nas que se vían pasar as estacións o que simbolizaba que este personaxe pasou dous anos lonxe da sua casa.A min chocoume ver unha especie de "pokemons" que acompañaban sempre aos habitantes do outro pais.O final da lectura soubemos que misións cumprian.
Recoméndovolo.